DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Este venres 23 de maio recibimos a visita dos representantes da ONG Cooperación Internacional  para entregar aos alumnos de OIE de 3º e 4º ESO diplomas polo bo traballo realizado na campaña DOFORUGANDA que organizaron no primeiro trimestre do ano.

Dita entidade vai montar unha escola no verán en Uganda cun grupo de voluntarios universitarios e solicitou a nosa colaboración para elaborar material didáctico que axudase a concienciar aos nenos/as de Uganda da importancia de lavar as mans e de consumir auga en bo estado para prever enfermedades. Os nosos alumnos aportaron numerosos debuxos para colorear e un vídeo cunha canción e unha coreografía.

Tamén lles fixemos entrega do material educativo (cores, rotuladores, lapis, gomas) recollido no centro durante esta semán e polo que nos mostraron moito agradecemento.

 

 

 

Un ano mais se celebrou no salón de actos do noso Centro, repleto ata a bandeira de familiares e amigos dos homenaxeados, a tradicional cerimonia de graduación dos alumnos de 2 º Bacharelato, que chegaron ao final da súa traxectoria no ensino secundario no noso instituto. A promoción do 25 Aniversario do IES AS BARXAS.

 Con moitos nervios por parte de alumnos e os seus familiares, o acto tivo a emotividade propia dun momento tan importante para eses mozos, que pechan un capítulo da súa vida académica para abriren outro  noutros lares. Durante o transcurso da cerimonia - ademais dunhas palabras do director, dos propios alumnos e da proxección dunha simpática presentación sobre o seu paso  polo centro ao longo destes 6 anos - o profesorado fixo entrega duns obsequios conmemorativos a cada alumno. Estes, á súa vez, entregáronlles aos profesores uns orixinais regalos que provocaron as risas dos presentes. Ao remate, alumnos, familias e  profesores compartiron un viño no hall do centro. A xornada rematou cunha cea de alumnos e profes nun restaurante da localidade.

 

 

 

O pasado luns 19 de maio, visitou o noso centro Celso Fernández Sanmartín nunha actividade organizada polo Departamento de Normalización Lingüística, na que descubrimos e disfrutamos dun extraordinario narrador e un excelente contador de contos e historias tiradas maioritariamente da tradición oral.

A experiencia foi fantástica xa que todos os presentes poidemos escoitar, rir e disfrutar cos contos e historias que Celso leva recollendo toda a vida e aprender que “o galego está vivo e ten moitas posibilidades de comunicación”, tal e como xa anticipara o noso compañeiro Brais cando o presentou

 

 

 

Os alumnos de Normalización e da aula de Música desprazaronse o 13 de Maio ata Bueu para participar no Cantalingua.

 

 

 

Vídeo creado polo grupo de Normalización do Centro, A Lingua que Traba

 

 

 

Distribuir contido