DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Os días 19 e 20 de Marzo os nosos alumnos de 1º ESO viaxaron a sede de Vigo da Fundación Barrié, para participar nos talleres da Semana Matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas e a Asociación Escola Rosalía de Castro. Participaron en Xogos de estratexia,  experimentaron coa calculadora, tocaron exercicios de probabilidade, tentaron resolver problemas matemáticos, xogaron con simetrías, con pentaminós... e comprobaron que as matemáticas tamén poden ser divertidas.

 

 

Con  motivo do mes da Poesía os nosos alumnos de 1º  Bacharelato de Humanidades, 2º Bacharelato B e 4º ESOC asistiron a unhas charlas-coloquio con Miguel Angel Alonso Diz, membro do colectivo vigués "A porta verde do xétimo andar". Falou da importancia dos poetas e da forza da palabra, da vocación e da búsqueda da felicidade. Leu diferentes poemas próximos e cercanos aos rapaces. E escoitarons cantautores versionando grandes poemas coñecidos

 

 

Laura Moreira, Mariana Anzalone e Uxía Reboiro acompañadas das profesoras de francés María e Pilar viaxan ata Bolonia dentro do Proxecto Comenius. Unha reportaxe da súa visita:

 

 

 

Oito Institutos públicos do Morrazo (Paralaia,  As Barxas, O Toural, Rodeira, María Soliño,  Monte Carrasco de Cangas, Johan Carballeira, e Illa de Ons) participan nas IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Morrazo. Haberá dúas fases:

A primeira, os días 26 e 27 de Febreiro para alumnos de Bacharelato. Celebrase no Auditorio de Cangas, en sete mesas redondas nas que se preténdese que os alumnos poidan resolver as súas dúbidas sobre o acceso á Universidade, á Formación Profesional e ás Ensinanzas Especiais

A segunda, os días 28, 29 e 30 de Abril para alumnos de 4º ESO

 

 

 

 

Dentro do marco das actividades previstas polo 25 Aniversario do IES As Barxas tivo lugar unha charla con exalumnos do Centro e que estudiaron periodísmo. Clara Castilla, Iván García e Xes García ademáis de lembrar o seu paso polo Centro e facernos ris coas súas anécdotas contaronnos as súas vivencias como periodístas. Contestaron tamén a todas as preguntas que os alumnos de 4º ESO e Bacharelato lles fixeron: sobre a obxectividade dos medios de comunicación, a función social do periodísmo, as rodas de prensa sen preguntas....

 

 

O Faro de Vigo faise eco do evento tanto na súa edición dixital como na impresa.

Distribuir contido