DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Búsca un poema (en Internet, na túa casa, na biblioteca...). 

Para celebrar o día da poesía, 21 de marzo, faremos lecturas de poemas en común na biblioteca, nas horas de lectura do mes de marzo. Pídelle ao teu profesor da hora de lectura que te deixe baixar á biblioteca co teu poema.

 

Os alumnos de PCPI dos Institutos de As Barxas e Paralaia asisten os días 17 e 24 de Febreiro a unhas xornadas sobre "Identificación de indicadores e reforzo contra a violencia de xénero", que se imparten no IES As Barxas. O obxectivo xeral  é que os   adolescentes non sexan vulnerables ante situacións que puideran darse de violencia de xénero. O Faro de Vigo, na súa edición dixital, faixe eco do evento. (ver prensa)

 

 

BALONCESTO

ORGANIZADORAS:

  • Ariadna Ortiz Soutelo
  • Raquel Mogin Pérez (1º Bach A)

BASES:

  • Partidos de 3 contra 3
  • Xóganse nos recreos
  • Cada participante solo pode pertenecer a un equipo
  • Venres 21 de febreiro, último día para apuntarse

 

 

BALONMÁN

ORGANIZADORES:

  • Hector Gil
  • Rubén Paredes (1º Bach A)

BASES:

  • Equipos de 7 a 10 xogadores (mixtos, masculinos ou femininos)
  • Venres 21 de febreiro, último día para apuntarse
  • Para calquera dúbida falar cos organizadores

 

 

FÚTBOL SALA MIXTO

ORGANIZADORES:

  • Iria Soto e Tatiana Fervenza (1º Bach B)
  • Pablo Martínez e Iván Rodríguez (1º Bach A)

BASES:

  • Equipos de 5 a 9 xogadores (mixtos, masculinos ou femininos)
  • Venres 21 de febreiro, último día para apuntarse
  • Para calquera dúbida falar cos organizadores

 

 

BASEBALL

ORGANIZADORES:

  • Rubén Moledo
  • Gabriel Trezado (1º Bach A)

BASES:

  • Equipos de 7 xogadores (mixtos, masculinos ou femininos)
  • Venres 21 de febreiro, último día para apuntarse
  • Para calquera dúbida falar cos organizadores

 

 

 

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, está a desenvolver unha nova convocatoria do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. O día 10 de febreiro estiveron no noso centro  impartindo un obradoiro para alumnos de 1º e 2º de ESO.

O programa non acaba co obradoiro senón que  está á nosa disposición unha serie de guias para pais, profesores e alumnos que, neste último caso son obxecto de traballo na titoría

Charla impartida por Emilio Varela para os alumnos de 4º ESO e Bacharelato, na que puxo de manifesto os graves problemas que causan as minas a ceo aberto. O longo de case tres horas, Emilio varela foi tocando os seguintes puntos relacionados coa minería do ouro:
-Aproximación á historia natural da Costa da Morte coruñesa:Vida e natureza en Cabana de Bergantiños.
-O ouro antigo en Galicia: Os primeiros achádegos
-As primeiras explotacións de ouro a gran escala: Roma e a sede polo ouro
-O concepto de 'febre do ouro': As grandes migracións do século XIX en Norteamérica.
-O concepto de minaría artesanal
-O interese actual polo ouro: Ouro, especulación e avaricia
-O concepto de megaminaría: A minaría de gran porte, descrición i efectos
-A febre do ouro chega a Galicia
-Análise do proxecto mineiro de Corcoesto: valoración e acontecimentos

 Proxección documental:
-O conflito social da minaría do ouro en Asturias

Distribuir contido