DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

O mércores 22 de xaneiro visitaron o noso centro  profesionais da asociación Arela para desenrrolar cos nosos alumnos de 2º de ESO o  " Programa de prevención de condutas infractoras: KTORCE 18" (máis información)

 

 

 

Dende a biblioteca se convoca un concurso de cartas de amor para o mes de febreiro.  As cartas poderán estar dirixidas a  humanos, divinidades, ideas, conceptos……etc. Deben estar escritas en GALEGO.

Haberá duas categorías de premios, consistentes en vales para a cafetería: 

  • 1ª e 2ª de ESO, 
  • 3º, 4º de ESO e 1º e 2º BAC. 

Deixaremos nunha mesa, na entrada da biblioteca, sobres para redactar as cartas; cada sobre levará un número, que servirá para identificar aos gañadores, no caso de que prefirades que sexa anónimo.  Debedes anotar o número. Logo, co voso permiso, faremos un collage na biblioteca. Se non son anónimas poñeredes nome, apelido e grupo.

Os gañadores do concurso foron:

  • Roi Miguélez Molanes.
  • Rubén Chapela
  • María Gonzáles de Vilas Boas

 

 

  

 

 

 

Despois das longas vacacións de Nadal, O grupo de biblioteca comenza o novo ano rendíndo homenaxe aos autores premiados este pasado 2013 cos máis prestixiosos galardóns literarios e divulgando a súa obra mediante unha pequena exposición dos seus libros  e biografías na entrada da biblioteca.

 

 

 

Dentro dos actos do 25 Aniversario do Centro o 16 de decembro os alumnos de 4º ESO e Bacharelato participaron nunha charla impartida por Carolina Pena, Catarina Sousa e José Gestido sobre medicina e a rama sanitaria. Catarina, Carolina e José estudiaron no IES As barxas e actualmente exercen como médicos na zona de Pontevedra. Lembramos anécdotas do seu paso polo Centro, nos comentaron en qué consiste o seu traballo diario e sobre todo transmitiron aos nosos alumnos a mensaxe de que vale a pena adicarlle esforzo ao estudo para poder adicarte a aquelo que che gusta, e  que se te plantexas unha meta con máis ou menos esforzo podes alcanzala. Dende aquí, agradecerlles que fixeran un oco na súa apretada axenda para estar con nós.

Charla MEDICINA by Slidely Slideshow

O xoves 19, dentro dos actos do 25 Aniversario, tivo lugar un Musical de Nadal no Centro. Actuaron gran parte dos nosos alumnos de música ademáis de Alexandre Sánchez Trigo (Xandre Ground) e Ivan Fernández Costa (Ivo). Dende aquí agradecer a súa disposición e Felicitalos pola brillante actuación.

Mostramos un vídeo con parte das actuacións.

 

Distribuir contido