Extraescolares outros cursos

Chega o Nadal e os alumnos participaron nun concurso de estrelas para adornar a biblioteca.

O resultado foi o seguinte:

O venres 15 de novembro, tivo lugar na biblioteca do Centro a entrega de premios dos concursos realizados con motivo do Samaín.

CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR.

Os gañadores en bacharelato foron: Paula Solla , 1ª premio e Miguel Molanes , 2ª premio. Ambos de 1º B.

Na Eso, Isabel Cascante de 2º C, levou o 1º premio e Iker Riobó de 1º c , o 2ª premio.

CONCURSO DE CABAZAS.

O gañador foi Hugo Costas

CONCURSO DE DOCES.

O gañador foi Aarón Santomé Fernández de 1º ESOA

Noraboa!!!

Este luns 18 de novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura deste curso e contamos coa presenza de Xesús Constenla, autor do libro "Humanas Proporcións" que foi o comentado na reunión. Xesús foi profesor do noso Centro e contounos os seus inicios como escritor e os motivos que lle levaron a escribir ese libro que tivo dous galardons, un deles o Torrente Ballester.  Analizamos tamén os distintos relatos dos que consta o libro e a súa relación con casos reais. Dende aquí, agradecerlle a Xesús a súa asistencia.

O martes 12 de novembro os nosos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato asistiron no Salón de Actos do Centro a unha videoconferencia sobre "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" dentro das actividades do Día da Ciencia en Galego. O relator foi Jorge Mira,  Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismodo Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Destacou a importancia da Grecia Clásica nos avances nesta materia e explica os métodos seguidos polos gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

O venres día 8 de outubro celebramos a tradicional festa do Magosto. Aínda que a choiva nos fixo modificar os plans iniciais,  grazas a colaboración dos alumnos na organización dos xogos tradicionais e no asado das castañas puidemos disfrutar unha estupenda xornada lúdica

 

Distribuir contido