Extraescolares outros cursos

Un ano máis celebramos o Samaín no IES As Barxas. Aqui podedes ver unha exposición das actividades realizadas: unha exposición de libros no hall, a decoración da biblioteca, un concurso de relatos curtos de terror, un concurso de cabazas, un concurso de tartas de cabaza, e por parte do grupo de Normalización unha procesión da Santa Compaña e un conta contos de terror.

O día 5 de novembro se celebra o Día da Ciencia en Galego. Un dos homenaxeados este ano é Isaac Diaz Pardo que imparteu unhas charlas no noso Centro no ano 2004. Os alumnos de 3º ESO D prepararon unha exposición-homenaxe no hall e fixeronlle unha demostración aos seus compañeiros de algúns experimentos científicos: cómo saber se un alimento ten almidón?; ¿é posible que a auga suba por un vaso invertido?, podemos facer unha simulación da lava baixando por unha montaña?, unha mezcla de auga con maizena, comportase como un sólido?

O 30 de outrubro, dentro dos festexos do Samaín, puidemos contemplar o paseo da Santa Compaña polas instalacións do noso Centro.

O día 28 recibimos a visita da Garda Civil que, dentro do Plan Director, deu unha charla aos alumnos de 1º e 2º de ESO sobre o acoso escolar. Destacouse especialmente o papel dos compañeiros do alumno acosado  para a prevención de situación de acoso.

Festexando o día da Biblioteca como reis, con tarta imperial.

 

 

 

 

Distribuir contido