DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Os nosos alumnos de 2º ESO asistiron, o día 1 de Abril, a unha charla sobre LESIONADOS MEDULARES impartida por Aesleme. Tratouse de sensibilizar aos alumnos para disminuir a cifra de falecidos e feridos nun accidente así como trasnmitirlles os problemas sociais, psicolóxicos e físicos aos que se enfrenta un lesionado medular.

 

 

 

Os alumnos do Club de Lectura, acompañados de Paco e Charo acudiron ao XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra no Palacio de Congresos de Pontevedra. Ademáis de ver as instalacións asistiron á representación da obra "As do Peixe"

(ver máis)

 

 

 

Organizado desta volta polo Xefe de Estudios, 41 alumnos de 1º Bach viaxaron a Londres en marzo. Unha experiencia que eles mesmos calificaron de moi positiva. Días longos e moi cansados polo moito que hai que ver en tan só 5 días. Porén, o aproveitamento foi máximo. Os alumnos tiveron tempo a coñeceren gran parte da oferta cultural de Londres coas visitas ao Natural History Museum, o Science Museum, a Tate Modern, St. Paul´s Cathedral, a National Gallery ou mesmo o British Museum. Outros lugares de gran interese que visitaron foron Royal Albert Hall, Houses of Parliament, Big Ben, Globe Theatre, Covent Garden, Tower of London, Hyde Park, Kensington Palace, etc...Houbo tempo para o ocio coa subida á afamada noria - London Eye - e a asistencia ao musical We will rock you, de Queen. E non faltou - of course -  para o shopping. Os bolsillos se valeiraron no mundialmente famoso mercado de Camden Town. En fin, que non se aburriron. Os obxectivos cumpríronse. Dende aquí, reiteramos a nosa gratitude a Beatriz e Ugo pola súa grandísima colaboración. Tamén aos alumnos participantes, xa que amosaron en todo momento unha predisposición moi positiva para colaborar a levar esta viaxe a bó término. Foi o seu un comportamento exemplar. 

 

 

Unha vez máis o grupo de Normalización do noso  Centro, A LINGUA QUE TRABA,  puxo en marcha unha actividade dinamizadora do noso idioma que tivo unha enorme aceptación por parte de todo o alumnado como podedes ver no seguinte vídeo

 

 

Os alumnos de Bacharelato de ciencias asistiron a unha charla no noso Centro impartida pola Dra Dolores Cortina, profesora da USC, sobre o "Impacto do Radón en Galicia". Explicoulles que o o gas radón  é un gas noble, o máis pesado de todos os gases nobles. E que como todos os gases nobles, non é reactivo e, polo tanto, non nos deberia preocupar. Sen embargo, o seu perigro radica no nucleo, porque non é estable. E por tanto é un elemento radiactivo.
Explicoulles tamén que este gas procede da desintegracion do uranio. O uranio é un elemento tamén radiactivo que se atopa presente no granito (nunha proporción moi baixa) e que, ao desintegrarse, produce radón. Explicoulles tamén que se nós tivésemos unha  casa de granito non deberíamos preocuparnos, porque a cantidade de radón que se xenera é moi moi baixa. O  granito é unha pedra bastante abundante en certas zoas de Galicia e é  frecuente encontrarnos nesas  zoas gretas na superficie da terra pola que sae gas radón ao aire. No caso de que esta greta comunique con unha edificación, o gas radón pode filtrarse á edificación e acumularse.
O equipo de investigacion da Dra Dolores Cortina fixo medidas en diferentes partes de Galicia observando casos nos que en certas partes dun edificio a radiactividad era considerablemente maior á media Española (e ao máximo recomendado). A media Española é inferior a 200 Bq/m3 e nas súas investigacións, atoparon casos de ata 2000 Bq/m3.
A pesar do alarmante que poidan resultar estes datos, explicoulles que a solución non é moi complicada. Todo pasa por unha ventilación frecuente da edificación, para que a corrente arrastre o posible radón acumulado ou por impermeabilizar con láminas a zoa de entrada (ou incluso se pode instalar sistemas de ventilación que saquen o radón da parte do edificio onde se acumula (que soen ser sótanos)).

 

 

Distribuir contido