Charla: Impacto do RADON en Galicia

Os alumnos de Bacharelato de ciencias asistiron a unha charla no noso Centro impartida pola Dra Dolores Cortina, profesora da USC, sobre o "Impacto do Radón en Galicia". Explicoulles que o o gas radón  é un gas noble, o máis pesado de todos os gases nobles. E que como todos os gases nobles, non é reactivo e, polo tanto, non nos deberia preocupar. Sen embargo, o seu perigro radica no nucleo, porque non é estable. E por tanto é un elemento radiactivo.
Explicoulles tamén que este gas procede da desintegracion do uranio. O uranio é un elemento tamén radiactivo que se atopa presente no granito (nunha proporción moi baixa) e que, ao desintegrarse, produce radón. Explicoulles tamén que se nós tivésemos unha  casa de granito non deberíamos preocuparnos, porque a cantidade de radón que se xenera é moi moi baixa. O  granito é unha pedra bastante abundante en certas zoas de Galicia e é  frecuente encontrarnos nesas  zoas gretas na superficie da terra pola que sae gas radón ao aire. No caso de que esta greta comunique con unha edificación, o gas radón pode filtrarse á edificación e acumularse.
O equipo de investigacion da Dra Dolores Cortina fixo medidas en diferentes partes de Galicia observando casos nos que en certas partes dun edificio a radiactividad era considerablemente maior á media Española (e ao máximo recomendado). A media Española é inferior a 200 Bq/m3 e nas súas investigacións, atoparon casos de ata 2000 Bq/m3.
A pesar do alarmante que poidan resultar estes datos, explicoulles que a solución non é moi complicada. Todo pasa por unha ventilación frecuente da edificación, para que a corrente arrastre o posible radón acumulado ou por impermeabilizar con láminas a zoa de entrada (ou incluso se pode instalar sistemas de ventilación que saquen o radón da parte do edificio onde se acumula (que soen ser sótanos)).