As Barxas, back in LONDON

Organizado desta volta polo Xefe de Estudios, 41 alumnos de 1º Bach viaxaron a Londres en marzo. Unha experiencia que eles mesmos calificaron de moi positiva. Días longos e moi cansados polo moito que hai que ver en tan só 5 días. Porén, o aproveitamento foi máximo. Os alumnos tiveron tempo a coñeceren gran parte da oferta cultural de Londres coas visitas ao Natural History Museum, o Science Museum, a Tate Modern, St. Paul´s Cathedral, a National Gallery ou mesmo o British Museum. Outros lugares de gran interese que visitaron foron Royal Albert Hall, Houses of Parliament, Big Ben, Globe Theatre, Covent Garden, Tower of London, Hyde Park, Kensington Palace, etc...Houbo tempo para o ocio coa subida á afamada noria - London Eye - e a asistencia ao musical We will rock you, de Queen. E non faltou - of course -  para o shopping. Os bolsillos se valeiraron no mundialmente famoso mercado de Camden Town. En fin, que non se aburriron. Os obxectivos cumpríronse. Dende aquí, reiteramos a nosa gratitude a Beatriz e Ugo pola súa grandísima colaboración. Tamén aos alumnos participantes, xa que amosaron en todo momento unha predisposición moi positiva para colaborar a levar esta viaxe a bó término. Foi o seu un comportamento exemplar.