Extraescolares outros cursos

Os alumnos de 4º ESO disfrutaron dunha estupenda viaxe de fin de ciclo a París, acompañados de Noli, Emilia e  Maribel. Visitaron ademáis Burdeos e os castillos de Loira. Xa en París, pasearon polos xardíns de Versalles e entraron no Palacio, visitaron tamén o Barrio Latino, Notre Dame, o Montmartre e Sagrado Corazón, subiron á Torre Eiffel,  o museo de Louvre, as Galerías Lafayette, os Campos Eliseos,...

(máis imaxes)

 

 

 

Os alumnos de 4º ESO asisten os días 7 e 11 de abril a  uns talleres na Casa da Mocidade de Moaña nos que se intenta fomentar a creatividade. Os alumnos poden tamén experimentar con obxectos que tratan de explicar os principios esenciais da física e da matemática.

 

 

 

O xoves 20 de marzo os alumnos de bacharelato e 4º ESO asistiron a unha charla, no salón de actos do Centro, sobre "A Defensa da Ría". A charla foi impartida por membros da PDRV (Plataforma pola defensa da ria de Vigo) e  estivo dividida en dúas partes:

Por un lado, D Serxio Regueira (presedente da PDRV) falou, entre outras cousas, da evolución histórica da explotación da Ría de Vigo (mostrando datos de que número de persoas vivían do mar, número que acadou un máximo durante finais do século XX e como decreceu nos derradeiros anos) e tamén da apariencia (mostrando fotos de como era a costa da Ría antes de que se fixeran os recheos da Ría de Vigo, coma o de Bouzas, zonas nas que se modificaron as correntes mariñas e nas que se depositan lodos contaminados).
Por outro lado, se falón tamén de algúns aspectos que fan especial á Ría de Vigo; como é a súa orixe e a presencia de correntes que permiten o afloramento de vida (o fitoplancto) e que esta Ría sexa tan rica (a pesares de esteamos acabando con ela). Tamén expuso como nos últimos anos, o nivel de contaminación de certos metais como o cobre aumentou nas augas da Ría (principalmente polo uso de certas pinturas nos cascos dos barcos, que permiten evitar que se lles peguen moluscos) e das consecuencias que isto ten para a vida na Ría.

 

 

Os alumnos do Club de Lectura, os do Grupo de Teatro e 4º ESO D acompañados de Paco e Lito foron ata a Plaza Elíptica de Vigo onde ademáis de ver a película "A Ladrona de Libros" (historia dunha nena alemana entre os anos 1938 e 1945), recibiron unha explicación do funcionamento dunha sala de cine e viron as súas instalacións. Lles explicaron como antes as películas viñan en rollos de celuloide, cómo empataban uns rollos con outros, e agora xa veñen nun disco duro que insertan nun ordenador no que tamén insertan un pen coa publicidade, trailers doutras películas..., aínda que o sistema de proxección, luz, espello cóncavo segue a ser o mesmo.

 

 

 

Aquí tedes o resultado da colaboración do Obradoiro musicabarxas co ENDLG do IES As Barxas. Linguaquetraba é un rap en defensa da lingua galega, fabricado nos recreos. A canción participa no certame Cantalingua, para votar por nós podedes premer aquí.

 Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

 

Pasmooooón..!

non vou ficar impasible ao teu carón

Vou ser coma un xigante

que leve por diante

a quen se pon

coma un mandón

en plan prohibición

coas bocas de mil linguas do Morrazo a Corcubión

e vouche sacar peito

non hai dereito

non podes poñer teito

á recuperación, da:

 

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Xa-non-somos-servos-miserentos-,apoucados-sen-alento-,que-consideran-vergoñento-o-seu-acento e ruín!

Non somos coma ti

Que vendes á xente: Tratante!

Nós, somos xigantes!

E sóbrannos folgos

para espetarte:

 

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

 

 Ei! Escoita o que che berro

Non rematei contigo!

Menudo erro! Canta incultura!

Querer dar sepultura a un xigante vivo!

Pero a lingua fura dende a terra escura

¡Medo que tes! ¡Botas escuma!

Baixo os teus pes xa treme a rúa

Rézalle ao ceo

Bateremos arreo

na túa cabeza dura

 

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

 

 

Distribuir contido