Concurso de CARTAS DE AMOR

Dende a biblioteca se convoca un concurso de cartas de amor para o mes de febreiro.  As cartas poderán estar dirixidas a  humanos, divinidades, ideas, conceptos……etc. Deben estar escritas en GALEGO.

Haberá duas categorías de premios, consistentes en vales para a cafetería: 

  • 1ª e 2ª de ESO, 
  • 3º, 4º de ESO e 1º e 2º BAC. 

Deixaremos nunha mesa, na entrada da biblioteca, sobres para redactar as cartas; cada sobre levará un número, que servirá para identificar aos gañadores, no caso de que prefirades que sexa anónimo.  Debedes anotar o número. Logo, co voso permiso, faremos un collage na biblioteca. Se non son anónimas poñeredes nome, apelido e grupo.

Os gañadores do concurso foron:

  • Roi Miguélez Molanes.
  • Rubén Chapela
  • María Gonzáles de Vilas Boas