DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

As Barxas na Semana Matemática en Vigo

Os días 19 e 20 de Marzo os nosos alumnos de 1º ESO viaxaron a sede de Vigo da Fundación Barrié, para participar nos talleres da Semana Matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas e a Asociación Escola Rosalía de Castro. Participaron en Xogos de estratexia,  experimentaron coa calculadora, tocaron exercicios de probabilidade, tentaron resolver problemas matemáticos, xogaron con simetrías, con pentaminós... e comprobaron que as matemáticas tamén poden ser divertidas.