DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato

Un ano mais se celebrou no salón de actos do noso Centro, repleto ata a bandeira de familiares e amigos dos homenaxeados, a tradicional cerimonia de graduación dos alumnos de 2 º Bacharelato, que chegaron ao final da súa traxectoria no ensino secundario no noso instituto. A promoción do 25 Aniversario do IES AS BARXAS.

 Con moitos nervios por parte de alumnos e os seus familiares, o acto tivo a emotividade propia dun momento tan importante para eses mozos, que pechan un capítulo da súa vida académica para abriren outro  noutros lares. Durante o transcurso da cerimonia - ademais dunhas palabras do director, dos propios alumnos e da proxección dunha simpática presentación sobre o seu paso  polo centro ao longo destes 6 anos - o profesorado fixo entrega duns obsequios conmemorativos a cada alumno. Estes, á súa vez, entregáronlles aos profesores uns orixinais regalos que provocaron as risas dos presentes. Ao remate, alumnos, familias e  profesores compartiron un viño no hall do centro. A xornada rematou cunha cea de alumnos e profes nun restaurante da localidade.