Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Complementarias

EMOTIVA HOMENAXE ÁS MULLERES

O venres, 1 de decembro, un grupo de alumnos, coordinados polo seu profesor de música Daniel, interpretou unha fermosísima canción : "Matriarcas" de Guadi Galego, que nos fixo vibrar de emoción.

Un grupo de nenas, acompañadas da súa profesora Basi, fixeron unhas pancartas tamén moi bonitas.

Foi a nosa particular "Homenaxe a todas as mulleres"  

CANCIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 1 de decembro, coincidindo coa celebración do Día da SIDA, o noso profesor de música, Daniel, en coordinación co seu alumnado, fixeron unha preciosa homenaxe as mullleres, cantando unha emotiva canción durante o 2º recreo.

Ademais, alumnas de diversos cursos expuxeron unhas pancartas que elaboraron durante esta semana, coa axuda da profesora de plástica, Basilisa Álvarez.

 

TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ

 

  O día 29 de novembro, celebráronse as Tertulias Literarias en Allariz. Este ano a obra elixida foi "A ferida no vento" de Antón Riveiro Coello.

ACTIVIDADE TEATRAL: "CANDO VALENTINA ERA MALA"

O día 27 de novembro, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato, asistiron a unha representación teatral "Cando Valentina era mala" organizado polo grupo das "Silvardeiras", na Casa da Cultura de Allariz.

Esta actividade, complementa outras que se están levando a cabo no centro con motivo da celebración o día 25 de novembro do "Día en contra da violencia de xénero".

 

Éxito na VIII Olimpiada de Xeoloxía

Jacobo Conde Cid, alumno de 2º de Bacharelato do IES de Allariz, quedou en terceira posición na fase provincial da VIII Olimpiada de Xeoloxía. Felicitacións a el moi especialmente, pero tamén ao resto do alumnado participante.

20 de MAIO "DÍA DA SOLIDARIEDADE EN ALLARIZ E XUNQUEIRA DE AMBÍA"

O día 20 de maio de 2016 foi un día moi especial para o noso centro.

Por unha banda, fíxose a despedida do grupo de rapaces de 2º de Bacharelato que se graduaron e quixeron celebralo cos seus profes.

Pero tamén foi un "Día Solidario", de unidade entre os centros escolares de primaria e secundaria de Allariz e Xunqueira de Ambía e tamén doutros centros que participaron na"Entrega de Premios" da 3ª edic ión do "Concurso Falando de Solidariedade" que tivo lugar en Xunqueira de Ambía.

Este ano, ademais das actividades incluidas dentro da Programación da Entrega de premios, os centros escolares decidiron realizar nos seus centros tamén outras actividades relacionadas coa solidariedade, dentro das materias que estudan.

Pola Mañá, dentro do horario lectivo, realizáronse as seguintes actividades no IES:

Así o alumnado de Bacharelato, na materia de filosofía e en coordinación coa Biblioteca e co departamento de Galego, fixo unha sesión de "Contacontos solidaria" na gardería, partindo da adaptación dun conto do libro de Francisco Castro e Fina Casalderrey "O neno can". Sandra, unha alumna  de 1º de bacharelato, elaborou uns monicreques e un decorado pàra representar este conto. Os actores foron algúns alumnos de 1º de bacharelato que divertiron coa súa actuación os neniños.

Por outra banda, outro grupo de alumnos de bacharelato e 1 alumna de PMAR, axudados polo profesor de música, Daniel , adaptaron un conto de E.Blanco Amor sobre a emigración para os "maiores da residencia de anciáns", acompañados de música e recitaron un poema de Rosaalía de Castro, ademais de cantar cancións novas e vellas . Foi un encontro "interxeracional" precioso que permitiu achegar estas 2 franxas de idade.

O alumnao de PMAR e 2º de ESO asistiron ao encontro con Francisco Castro para falar do libro que traballaron na materia de lingua galega "O neno can".

A xornada conitnuou cunha "Comida compartida" con alumnos do club de lectura do IES Cidade de Antioguía á beira do río en Xunqueira de Ambía.

Pola tarde, realizaron unha visita guiada pola colexiata de Xunqueira e puideron coñecer como funciona o seu órgano. Ademais, tamén asisitiron a unha charla sobre a situación actual dos Campamentos Saharauis.

Finalmente, levouse a cabo a entrega de premios de infantil, primaria e secundaria do Concurso de relato e debuxo, que estiveron acompañados de numerosas actividades de animación á lectura  a cargo da actriz Raquel Queizás, a nosa compañeira de galego, Laura Iglesias que ademais de profe é unha estudpenda ilustradora, e o músico Fran Amil que amenizou a tarde os máis cativos.

A xornada rematou cunha "Merenda Solidaria", onde cada un achegaba algo de diñeiro que irá destinadao a fins sociais dos concellos de Allariz e Xunqueira. 

                     

 

                                                         

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

" CONCURSO FALANDO DE SOLIDARIEDADE"

O 20 de maio, os centros escolares de Allariz (CEIP Padre Feijoo, IES de Allariz) e Xunqueira de Ambía (CEIP Padre Crespo), organizan a Entrega de Premios da 3ª edición do  Concurso "Falando de Solidariedade", que este ano ten como temática "Os movementos migratorios".

Este acto terá lugar en Xunqueira a partir das 17:30 da tarde e nel inclúense varias actividades de animación á lectura destinada a rapaces dos distintos niveis educativos (infantil-bacharelato).

Ademais, nos distintos centros pola mañá vanse organizar varias actividades tamén que teñen que ver co tema da solidariedade.

Os alumnos de 1º de bacharelato, van realizar unha sesión de contacontos na gardería e na residencia de anciáns de 11:30-12:30.

Ademais, o alumnado de 2º de ESO e PMAR asistirá ao encontro con Francisco Castro para falar do libro "O neno can" que se traballou durante o 3º trimestre e ten unha temática relacionada cos dereitos da infancia.

Pódese consultar o programa de actividades no adxunto.

 

ACTIVIDADE CONXUNTA EN ALLARIZ SOBRE A PROBLEMÁTICA DOS REFUXIADOS

O pasado día 15 de abril, venres, na vila de Allariz, organizouse unha actividade conxunta entre os <icentros escolares de primaria, a libraría Aira das Letras, o concello de Allariz e a Asociación Allariz c@s refuxiad@s .
Esta actividade consitíu nunha charla de Alfonso Mascuñana Bordas, profesor de filosofía xubilado e que acaba de chegar da Illa de Lesbos onde estivo como voluntario durante 5 semanas.
De forma totalmente solidaria, ofreceuse a vir aos centros escolares e ao Fogar do Maior, dar unha charla sobre a súa experiencia.
Ademais, algúns alumnos de bacharelato, fixéronlle unha entrevista en Radio Allariz na que tamén estivo presente o noso compañeiro Pilis, profesor de francés, recén xubilado e tamén o representante en Galicia da Asociación Alhambra Internacional, Francisco Rodríguez.
A actividade organizouse do seguinte xeito:

1. Charla para os rapaces de primaria: 10:30-11:30
2. Charla para os rapaces do instituto: 13:20-14:10.
3. Entrevista en Radio Allariz: 17:00-18:00
4. Charla aberta ao público no Fogar de Maior: 20:00.


Grazas a tod#s os que participastes e fixestes posible esta actividade.

 

 

 

 

 

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFES

O día 14 de abril, os profesores que pertencen ao club de lectura, reuníronse para comentar a obra de Antón Riveiro Coello Os elefantes de Sokurov.
A reunión fíxose ao redor dun delicioso xantar na Fábrica de Vilanova.
Resultou unha agradable sesión sobre todo porque se notou un incremento no profesorado pertencente ao club que case se duplicou.

 

 

 

CHARLA CON ALFONSO MASCUÑANA BORDAS

O vindeiro, venres 15 de abril, haberá unha actividade na que participan os colexios de primaria e o instituto, o concello, a libraría Aira das Letras e Radio Allariz.
Trátase dun encontro cunha persoa que acaba de vir como voluntario da Illa de Lesbos e vén contar a súa experiencia co obxectivo de concienciar a xente do que está acontecendo con miles de persoas que loitan por sobrevivir en terras alleas.
Esperamos que esta actividade sexa moi proveitosa para todos.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare