Skip to Content

BENVIDA

BENVIDA AO CURSO 2019-20

BENVID@S AO CURSO 2019-2020

De novo comezamos o curso, cheos de enerxía e con moitos proxectos e ilusións.

CURSO 2016-2017

Comeza un novo curso escolar.
Seguindo o Lema da Biblioteca Escolar deste ano: "Biblioteca Escolar, territorio das Artes"
ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES nas nosas actividades:

1. CLUB DE LECTURA

2. TERTULIAS LITERARIAS

3. VISITAS CULTURAIS

4. OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

5. EXPOSICIÓNS....

E MOITAS MÁIS....

BENVIDO/AS A TODO/AS
 
OPINAMOS... (0) - Categoría: Actividades - Publica: 08-10-2016 07:19
 
 

20 de MAIO "DÍA DA SOLIDARIEDADE EN ALLARIZ E XUNQUEIRA DE AMBÍA"

O día 20 de maio de 2016 foi un día moi especial para o noso centro.

Por unha banda, fíxose a despedida do grupo de rapaces de 2º de Bacharelato que se graduaron e quixeron celebralo cos seus profes.

Pero tamén foi un "Día Solidario", de unidade entre os centros escolares de primaria e secundaria de Allariz e Xunqueira de Ambía e tamén doutros centros que participaron na"Entrega de Premios" da 3ª edic ión do "Concurso Falando de Solidariedade" que tivo lugar en Xunqueira de Ambía.

Este ano, ademais das actividades incluidas dentro da Programación da Entrega de premios, os centros escolares decidiron realizar nos seus centros tamén outras actividades relacionadas coa solidariedade, dentro das materias que estudan.

Pola Mañá, dentro do horario lectivo, realizáronse as seguintes actividades no IES:

Así o alumnado de Bacharelato, na materia de filosofía e en coordinación coa Biblioteca e co departamento de Galego, fixo unha sesión de "Contacontos solidaria" na gardería, partindo da adaptación dun conto do libro de Francisco Castro e Fina Casalderrey "O neno can". Sandra, unha alumna  de 1º de bacharelato, elaborou uns monicreques e un decorado pàra representar este conto. Os actores foron algúns alumnos de 1º de bacharelato que divertiron coa súa actuación os neniños.

Por outra banda, outro grupo de alumnos de bacharelato e 1 alumna de PMAR, axudados polo profesor de música, Daniel , adaptaron un conto de E.Blanco Amor sobre a emigración para os "maiores da residencia de anciáns", acompañados de música e recitaron un poema de Rosaalía de Castro, ademais de cantar cancións novas e vellas . Foi un encontro "interxeracional" precioso que permitiu achegar estas 2 franxas de idade.

O alumnao de PMAR e 2º de ESO asistiron ao encontro con Francisco Castro para falar do libro que traballaron na materia de lingua galega "O neno can".

A xornada conitnuou cunha "Comida compartida" con alumnos do club de lectura do IES Cidade de Antioguía á beira do río en Xunqueira de Ambía.

Pola tarde, realizaron unha visita guiada pola colexiata de Xunqueira e puideron coñecer como funciona o seu órgano. Ademais, tamén asisitiron a unha charla sobre a situación actual dos Campamentos Saharauis.

Finalmente, levouse a cabo a entrega de premios de infantil, primaria e secundaria do Concurso de relato e debuxo, que estiveron acompañados de numerosas actividades de animación á lectura  a cargo da actriz Raquel Queizás, a nosa compañeira de galego, Laura Iglesias que ademais de profe é unha estudpenda ilustradora, e o músico Fran Amil que amenizou a tarde os máis cativos.

A xornada rematou cunha "Merenda Solidaria", onde cada un achegaba algo de diñeiro que irá destinadao a fins sociais dos concellos de Allariz e Xunqueira. 

                     

 

                                                         

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

INICIO DO CURSO 2014-15

Iniciamos este novo curso 2014-15.

Desde a Biblioteca dámosvos a benvida a tod@s e desexamos que vos animedes a participar nas actividades que vos propoñemos:

 

CLUBES DE LECTURA (1º, 2º ESO)

TERTULIAS LITERARIAS (3º, 4º ESO e 1º Bacharelato)

OBRADOIRO DE RADIO

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut