Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
AFA
ASEMBLEA ORDINARIA AFA VILANOVA
ASEMBLEA ORDINARIA MÉRCORES 16 OUTUBRO
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO I.E.S. DE ALLARIZ
HORA: 1º CONVOCATORIA 19:00 HORAS
2º CONVOCATORIA 19:15 HORAS
ORDE DO DÍA:
- PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN DE FAMILIAS
- CONSELLO ESCOLAR
- INSCRICIÓN ASOCIADAS
- CONTAS
- PREGUNTAS E PROPOSTAS
- APIs de Blogue
Benvidas, familias!
A Asociación de Familias de alumnas e alumnos Vilanova, queremos darvos a benvida a este curso 2024/2025.
Afrontamos con especial ilusión este novo camiño no I.E.S. de Allariz. Pensamos que é fundamental tecer rede entre as familias, nesta etapa tan importante para as nosas fillas e fillos.
Respecto, empatía, inclusión son as bases para unha boa convivencia na comunidade educativa e a nosa participación contribúe á mellora da comunicación entre alumnado, profesorado e familias.
Como nos organizamos?
Como en calquera asociación, existe unha xunta directiva que se encarga da burocracia, xestión de recursos, tesourería e labores organizativas, entre outras. Actualmente, está formada por 5 persoas:
- Lola Conde Fidalgo: Presidenta
- Marcos Pérez de Mendiguren Martínez: Vicepresidente
- Beatriz Seara Seara: Secretaria
- Rebeca Bande Enríquez: Tesoureira
- Carlos Airas Cota: Vocal
Animámosvos a participar inscribíndovos como socias. Podedes facelo xa na seguinte ligazón:
https://forms.gle/PqCbXf6aFBfts65J6
Próximamente publicaremos a data da primeira asemblea á que agardamos que poidades asistir.
Contamos con vós!
- APIs de Blogue