Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Complementarias

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL QUIJOTE" PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO

O Pasado luns, 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO asistiron a un obradoiro de animación á lectura na Casa da Cultura de Allariz, a cargo de Raquel Queizás sobre a obra "El Quijote".

Iníciouse así o ciclo de actividades que vai organizar a Biblioteca en colaboración cos departamentos didácticos para conmemorar o "Mes do Libro".

Nesta actividade tamén participou o colexio de primaria Padre Feijoo, co que colaboramos estreitamente desde a Biblioteca.

 

 

DÍA DE SAN VALENTÍN NO IES DE ALLARIZ

No noso centro quixemos celebrar este ano o Día de San Valentín  con música e poesía.

O día 12 de febreiro, o departamento de francés, dirixido por Pilis, organizou unha actividade relacionada con cancións de amor en francés. Durante os 2 recreos, puidemos disfrutar coa música e tamén coa contemplacion duns fermosos corazóns cheos de "letras de amor".

Por outra banda, o dia 13, venres, o departamento de Lingua Castelá, en coordinación coa Biblioteca, organizou unha "Exposición de Poemas de amor decorados" que tivo moito éxito. A actividade consistíu en que o alumnado buscou poemas de amor de escritores famosos en galego, castelán, francés e inglés e decoráronos cada un ao seu xeito. Logo expuxéronse nos corredores do centro para que cadaquén elixise o que máis lle gustase e puides

e agasallar á persoa que quixeran.

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO DE OURENSE SOBRE A OBRA DE CLARA SÁNCHEZ "LO QUE ESCONDE TU NOMBRE"

O pasado martes, 3 de febreiro algúns alumnos de 1º e 2º de bacharelato e 1 de PDCII acudiron a unhas tertulias en castelán no Liceo de Ourense sobre a obra de Clara Sánchez "Lo que esconde tu nombre".

Estiveron acompañados do alumnado do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo de Limia e tamén do IES "Ferro Couselo" de Ourense.

Coma sempre foi unha actividade da que disfrutamos moito tanto alumnos como profesores a pesar de que as condicións climatolóxicas este ano non eran moi boas.

TERTULIAS LITERARIAS CON FRANCISCO CASTRO

Onte, 26 de novembro, reunímonos na Casa da Mocidade os clubs de lectura de 5 centros educativos (IES Allariz, Maceda, Bande, IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioguía de Xinzo de Limia) para asistir a unha tertulia literaria sobre a obra de Francisco Castro "O corazón de Branca de Neve".

A actividade resultou moi ben e o alumnado puido disfrutar dunha tertulia radiofónica e tamén do encontro co autor. Foi moi amena e todos participaron de xeito activo.

 

 

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ

O día 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO tiveron a oportunidade de coñecer a Ricardo Gómez, autor das obras que leron durante este trimestre na materia de Lengua Española.

Foi unha actividade entretida, na que o alumnado interactuou co autor moito, tendo a oportunidade de poder entender mellor as obras lidas.

InvestigArte

     Dende o luns 2 de xuño ata o xoves 12 do mesmo mes temos a oportunidade de ver no noso Centro as mellores obras que participaron na primeira convocatoria de InvestigArte, un concurso de imaxes relacionadas coa Ciencia feitas por científicos ou por alumnado de ESO e Bacharelato (os futuros científicos).

     Tanto o concurso como a exposición fanse grazas a Educabarrié, a división educativa da Fundación Barrié

 

 

TERTULIAS LITERARIAS EN OURENSE

O día 20 de maio, algúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron ao Liceo de Ourense a unhas tertulias literarias sobre a obra de Almudena Grandes, "El lector de Julio Verne" acompañados das súas profes Sara, Susana e María.

A actividade completouse cunha visita a unha exposición de pintura no Museo Municipal, onde o propio pintor  "Cachaldora", acompañado dun compositor, lle ofreceu un obradoiro aos rapaces.

Tamén puideron ver unha exposición de cómic que lles gustou moito

.

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio, o alumnado do noso centro participou en varias actividades:

 

MAÑA:

 

1. Lecturas de poemas de Xosé María Díaz Castro na Biblioteca durante o 1º e 2º Recreo.

2. Dramatización en clave de humor dun episodio do "Quixote" que levaron a cabo 5 alumnos dirixidos polo profesor Pilis.

   

TARDE:

 

3. Entrega de premios aos gañadores e finalistas do concurso literario organizado polo CEIP PADRE CRESPO de Xunqueira de Ambía "Falando de Solidariedade" ao que asistirion alumnos da ESO e Bacharelato e tamén algún profesores do centro.

 

TERTULIAS LITERARIAS SOBRE "EL LECTOR DE JULIO VERNE" de ALMUDENA GRANDES

O vindeiro 20 de maio, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO asistirán a unha tertulia literaria en castelán sobre a obra "El lector de Julio Verne" de Almudena Grandes, que terá lugar no Liceo de Ourense.


No documento adxunto podedes consultar un material interesante que elaborou, Dolores, profesora de inglés e membro do equipo de biblioteca, sobre a obra.


 

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO NA BIBLIOTECA

Hoxe, 7 de abril, visitará o noso centro, o escritor galego MARCOS CALVEIRO, autor entre outras obras de "O pintor do sombreiro de Malvas", "Todos somos con Natalia", "O Carteiro de Bagdad", que están lendo os nosos alumnos de 2º ciclo e 1º ciclo da ESO respectivamente.


Nesta ocasión, centrarase na súa obra "Todos somos con Natalia", lectura obrigatoria para o alumnado de 3º ESO


O encontro terá lugar na BIBLIOTECA do centro de 9:30 a 10:20.






 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare