Skip to Content

Actividades de animación á lectura

Tertulias literarias en galego en Ourense

O día 30 de xaneiro, algún alumnos do noso centro, acompañados de 2 profesoras,  asistiron a unha Tertulia Literaria en Galego no Liceo de Ourense sobre a obra "O meu nome é ninguén" de Manuel Esteban e ao posterior encontro co autor.

Foi unha actividade moi interesante e produtiva. Animamos a seguir participando a máis alumnado.

Tertulias literarias en Allariz

O pasado 16 de xaneiro algúns alumnos de 3º, 4º ESO e 1º  de bacharelato asistiron, xunto con outros alumnos dos centros Universidade Laboral de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo á tertulia literaria sobre a obra de Arantxa Portabales "Beleza Vermella" nas dependencias de "RADIO ALLARIZ".

Os alumnos visitantes aproveitaron para coñecer a nosa vila.

Foi unha actividade realmente interesante.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES

O día 19 de xaneiro, levouse a cabo a 1ª reunión do club de lectura de profesores que se achegaron á obra "Una voz escondida" de Parinoush Saniee.
A reunión fíxose ao redor dun "chocolate" na cafetería "Cándido" de Ourense e a ela asistiron case todos os integrantes do club.
Foi unha tarde moi agradable xa que o libro tratado deu moito de si e tocáronse moitos temas.

TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ

O día 1 de decembro, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO, asistiron á Tertulia Literaria sobre a obra de Inma López Silva"Aqueles días en que eramos malas", xunto con outros alumnos procedentes de varios centros escolares (IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Maceda, IES de Viana do Bolo, Universidade Laboral de Ourense).
Houbo, coma sempre, unha tertulia radiofónica onde participaron 1 alumno de cada centro escolar, acompañado dun profesor e unha tertulia presencial na que participaron todos os alumnos e a propia autora.

Ademais, pola mañá, no noso instituto houbo un "Encontro coa autora" que lles falou aos alumnos de 2º de bacharelato da súa obra "Memoria de Cidades sen luz", lectura obrigatoria neste trimestre.

Grazas a todos pola participación.

CLUB DE LECTURA PROFESORES 2016-2017

Parece que está acadando éxito a actividade do club de lectura de profes porque este ano estamos apuntados 15 profes, algúns dos cales, non están no noso centro pero continúan participando nas reunións que imos facer ao longo do curso.

O día 7 de setembro, organizouse no centro unha saída lúdico-didáctica na que participaron moitos dos profes do club de lectura do ano pasado e tamén outros que se incorporaron este ano.
Fíxose un xantar na aldea rural de "Pazos de Arenteiro" e logo unha visita guiada a cargo de Juanjo do grupo Outeiro e Jorge Lamas do Centro de estudos Chamoso Lamas.

Pola tarde, visitamos o bosque de Ridimoas, acompañados dun ecoloxista apaixonado, coñecido como "Oitaven" que nos deleitou coa súa emocionante explicación.

Foi un día especial e un bo inicio de curso.

Esperamos que este ano, veña cargado de emocións coas lecturas e actividades que propomos....

O primeiro libro elixiuse por votación. Foi suxerido por un dos membros do club e aí vos van algunha das críticas que recollemos sobre o libro:

«Una ventana abierta al Irán de los últimos cincuenta años.» Corriere della Sera
«Una escritora apasionada y rebelde que rompe el silencio de la injusticia.» The Independent
«Ni siquiera la censura ha logrado acallar la voz incisiva de esta mujer valiente.» The Guardian
«Shahab no es sólo un niño que se enfrenta a una dificultad. Su mutismo es, de hecho, el de una nación entera, aterrorizada por un régimen asfixiante. Es una llamada de atención. Parinoush Saniee sabe cómo hacerla.» The Cultural Supplement
«Lo mejor de la novela es que nadie es bueno ni malo. Todos son víctimas de un sistema que los oprime y de su propia mente inconsciente.» Dagbladet
«Cuando leí esta novela me di cuenta de lo importante que es el reconocimiento de quienes nos rodean [...]. Si este libro no logra conmoverte, es que eres de piedra.» Familien
«Una obra magníficamente escrita en la que Parinoush Saniee hace una crítica del tejido social de Irán, y que a la vez que narra la historia de un niño, retrata también la vida de las mujeres. Diálogos convincentes y un protagonista que se convierte en un símbolo de esperanza de un mundo mejor.» La Repubblica
«La voz como metáfora de un país, Irán, donde impera la censura.» La Gazzetta di Mantova
«Una voz escondida es el nuevo fenómeno literario. Las palabras silenciadas de un niño se transforman en un grito contra la crueldad y la indiferencia.» Panorama


BOA LECTURA.

QUEDADA LITERARIA IES ALLARIZ CEIP O ROSAL

O día 27 de abril, o alumnado pertencente aoClub de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
Pola mañá, puideron coñecer Santa Mariña de Augas Santas.
Pola tarde, visitaron ALLARIZ  acompañados do noso alumnado do club de lectura e colaborador da biblioteca e tamén de PMAR, e dos profes, Sergio, Laura e María.
Esta visita foi especial, xa que comezou cunha comida compartida na Acearrica e os guías foron os nosos rapaces que ían interactuando cos visitantes, compartindo poemas e traballos feitos en ambos centros sobre a obra de Manuel María.
Un día inesquecible para os dous centros.
Desde o Rosal enviáronnos 2 vídeos moi fermosos froito da súa estancia en Santa Mariña e Allariz.

Mil grazas aos rapaces e profes que nos acompañaron e nos fixeron disfrutar antes e despois da súa presenza e do seu traballo.

 

 

 

 

 

ENCONTRO CON SABELA NÚÑEZ SINGALA: "O AGASALLO DE ANYA"

O noso alumnado de 1º de ESO e PMAR puido disfrutar o luns 4 de abril, do encontro con Sabela Núñez Singala, autora de O agasallo de Anya, obra que traballaron durante o 2º trimestre e que ten un gran contido de solidariedade.
A autora contoulles como este libro naceu dunha viaxe realizada a Ucraína na que puido coñecer de 1ª man as grandes necesidades que teñen os nenos e nenas dese país, a maioría dos cales viven en orfanatos.
Este libro é un complemento máis das distintas actividades que se están levando a cabo no centro durante este curso dentro do noso proxecto "Falando de Solidariedade".
Ademais de ao instituto, a autora foi aos colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía.
Os coordinadores das 3 bibliotecas disfrutaron dun xantar compartido coa autora.

 

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL LAZARILLO DE TORMES"

O noso alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato inicia o trimestre cunha actividade de animación á lectura sobre "El Lazarillo de Tormes", libro que leron durante o 2º trimestre.
Este obradoiro está protagonizado por Raquel Queizás, quen dun xeito humorísticos e interactivo co alumnado, lles explica as pasaxes máis divertidas desta famosa obra.

 

 

REUNIÓN CLUB DE LECTURA 2º CICLO

Os alumnos do club de lectura de 2º ciclo de ESO reuníronse coa súa profe para comentar as obras que leron durante este trimestre sobre literatura fantástica.
Aproveitaron a presentación da obra "O mundo secreto de Basilius Hoffman" e tamén a exposición sobre literatura fantástica que estivo no centro durante o mes de novembro.

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMANN"

O vindeiro luns. 16 de novembro, farase no salón  de actos do noso centro de 16:50 a 17:40 a presentación do libro

 

 

 

O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños (club de lectura de 3º e 4º ESO)

 

çse vai traballar no club de lectura, ao alumnado de 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut