Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Complementarias

Eva Cid Rivas comenta "O MEU NOME É NINGUÉN" de Manuel Esteban

O pasado 4 de febreiro  un grupo de alumn@s de 3º ESO e 1º de bacharelato do noso centro, asistiron, xunto con outros centros da provincia,  á tertulia literaria no Liceo de Ourense sobre a obra O meu nome é ninguén e ao posterior encontro co seu autor Manuel Esteban.

Eva Cid Rivas, alumna de 1º de bac,  fixo un brillante comentario que se pode ver no documento adxunto.

Tertulias literarias en galego en Ourense

O día 30 de xaneiro, algún alumnos do noso centro, acompañados de 2 profesoras,  asistiron a unha Tertulia Literaria en Galego no Liceo de Ourense sobre a obra "O meu nome é ninguén" de Manuel Esteban e ao posterior encontro co autor.

Foi unha actividade moi interesante e produtiva. Animamos a seguir participando a máis alumnado.

30 de xaneiro celebramos o Día da Paz

O pasado día 30 de XANEIRO, no noso centro conmemorouse o  realizaqndo unha actividade nas TITORÍAS que consistíu en pór bandas de cores con mensaxes relativas á PAZ e a lectura dun Manifesto no 2º recreo.

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa.

Tertulias literarias en Allariz

O pasado 16 de xaneiro algúns alumnos de 3º, 4º ESO e 1º  de bacharelato asistiron, xunto con outros alumnos dos centros Universidade Laboral de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo á tertulia literaria sobre a obra de Arantxa Portabales "Beleza Vermella" nas dependencias de "RADIO ALLARIZ".

Os alumnos visitantes aproveitaron para coñecer a nosa vila.

Foi unha actividade realmente interesante.

CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL

Esta Semana iníciase a CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL 2019 na Biblioteca.

Lembra que podes levar ata 5 LIBROS para as vacacións.

Data de inicio 16/12/2019/Data de remate: 10/01/2020

25 Novembro: "Día en contra da violencia de xénero"

O oasado 25 de novembro, o IES de Allariz quixo reivindicar o dereito das mulleres organizando unha actividade na que participou todo o centro. Tamén nas diferentes materias e nas titorías se realizaron traballos sobre o tema.

 

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Comeza o mes de Novembro "Mes da Ciencia en Galego". A biblioteca do noso centro quere contribuir a esta conmemoración pondo á disposición do alumnado e profesorado materiais relacionados coas ciencias, realizando unha exposición temática.

Ademais para todos os que estean interesados en traballar co alumnado nas aulas, neste enlace, pódese consultar recursos e actividades moi interesantes.

 

Samaín 2019

O día 30 de outubro, celebramos na Biblioteca o Samaín, realizando unha exposición temática sobrelibros  de "medo" e "misterio" e de "cabazas", elaborada polo alumnado.Tamén se fixeron "lecturas de textos"  por parte de diversos grupos

Visita á Radio do alumnado de 3º ESO

Os días 24 e 25 de outubro, o alumnado de 3º ESO visitaron as instalacións de Radio Allariz, acompañados da súa profesora de Lengua Española para conmemorar a "Semana Mundial de Alfabetización Mediática e informacional" (24-31 outubro)

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare