Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Complementarias
Noraboa a todos! Gañamos o terceiro premio no concurso de Solidariedade Internacional!
Rematamos o proxecto de sensibilización sobre o noso modelo de ocio consumista e a reflexión sobre as consecuencias da nosa Economía globalizada de sobreproducción asistindo á obra de teatro VAYA TELA! . A representación, critica en clave de humor un sinfín de situacións ás que se ve sometido ó consumidor, que somos todos nos, e que ó contrario da aparente diversión e placer que asociamos ó acto de comprar:
En moitas ocasións nos fai sentir vergonza do noso corpo (imperfeccións que nonse axustan ó perfil , non coller dentro dunha talla), provoca insatisfacción por non poder pagar un precio inasequible, causa remordementos pola compra compulsiva, e nos leva a xulgar ós demais polo que teñen en vez de polo que son.
A obra obriga a reflexionar sobre as inercias ás que nos vemos sometidos no consumo, como deixarnos levar polos precios enganosos ou a música disco para non parar de comprar, non cuestionarnos sobre as condicións nas que foi manufacturado o producto ou si é razonable cambiar de armario cada estación. As escenas reflicten os resultados dun estudo sociolóxico elaborado dentro da campaña ropalimpia.org , sobre os hábitios de consumo no noso país e as sensacións e circunstancias que o enmarcan.
Eu disfrutei moito na obra e co proxecto e espero que vos tamén o fixérades. Coido que nos serviu a todos para reflexionar sobre a nosa maneira de pensar e marcará de agora en diante a nosa mirada ante o consumo.
- APIs de Blogue
Os éxitos de LUCA
Os compoñentes do Obradoiro de vídeo "Vagalume" Marina Gomes Fonseca e Pablo Feijoo Vilanova, xunto con Roxelio Barbosa, director do mesmo, asistiron á entrega da Mención Especial concedida á curtametraxe "Luca" no V Timeline Film Festival de Cárate-Brianza (Milán). Súmase este premio á xa longa traxectoria de éxito desta curtametraxe:
- Premio á mellor interpretación masculina no XXVII Encuentro Audiovisual de Jóvenes del Festival Cinema Jove de Valencia.
- Premio á mellor curtametraxe no II Certame Audiovisual Escolar IES Montecarrasco de Cangas do Morrazo.
- Finalista nos apartados: Mellor Calidade Artística, Mellor Guión e Mellor Curtametraxe no VI Concurso de Cortometrajes Juvenil "No te cortes" de Salamanca.
- Finalista no I Encuentro Nacional de Escolares del Festival de Zaragoza.
Estamos pendentes de resposta dun Festival de Croacia e tamén imos mandar Luca a Polonia.
Se aínda non vistes Luca, podedes facelo na seguinte ligazón:
Exposición "Os ríos de Galicia"
O alumnado de 1º de ESO e PDC I e II visitou a exposición "Os ríos de Galicia" no centro cultural "A Fábrica" de Allariz.
Eiquí os vemos mirando un vídeo e atendendo ás explicacións da monitora
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11