Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Complementarias
Lucía Xiao gaña a Olimpiada filosófica representando ao IES de Allariz na modalidade de video!
Noraboa á nosa alumna Lucía X, de 1º de Bacharelato Ciencias por ese premio tan merecido.O tema de este ano era o Transhumanismo, os cambios que sufrirá a nosa especie coa introdución da tecnoloxía .As metas desta tecnoutopía son mellorar as nosas capacidades intelectuais, físicas e mesmo morais, e incluso conseguir a inmortalidade.
- APIs de Blogue
- Leer máis
Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Este curso coma os anteriores imos deseñar unha das parcelas do Festival Internacional de Xardíns de Allariz en colaboración co CEIP Padre Feijoo. O tema que escollimos foi "O xogo cura. Máis parque menos pantallas". Tedes as instrucións e o plano para facer o voso deseño no anexo. Podedes inspirarvos nas seguintes imaxes:
- APIs de Blogue
- Leer máis
Concurso de deseño
O 23 de febreiro conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Conmemoraremos tan importante acontecemento con varias actividades que se están a preparar. Unha delas é o concurso de deseño das chapas e carteis para ese día.
- APIs de Blogue
Obradoiro co escritor Xabier Domínguez
Os días 21 e 25 de febreiro, contaremos coa visita do escritor Xabier Dominguez. Presentaranos o seu libro: Maxia de Pedra. Este obradoiro será para todo o alumnado de 1º ESO.
- APIs de Blogue
Alumnado gañador do concurso de microrrelatos e máscaras do Samaín
Gañadoras do concurso de microrrelatos:
1º Premio :Carmen Pérez (1ºESO C)
2º Premio : Naia Conde (1ESO B)
Gañador@s do concurso de máscaras:
1º Premio: Yihan Jin (1º ESO B)
2º Premio: Sheila gonzález (1ºESO B)
- APIs de Blogue
Concurso de videoreceitas do Entroido
Un dos aspectos máis característicos e salientables da Cultura Galega é a tradición da celebración do Entroido, festa que abrangue moitos eidos, e un dos máis importantes é o da gastronomía. O EDLG do IES de Allariz convoca o concurso de vídeo receitas gastronómicas do Entroido. Animámoste a participar no concurso coa realización dun vídeo coa descrición e elaboración dunha receita gastronómica típica deste período de Entroido.
As vídeo receitas deberán enviarse á conta de correo electrónico ies.allariz@edu.xunta.gal antes do 1 de marzo. Na valoración da vídeo receita teranse en conta os seguintes criterios:
- A receita será exposta en lingua galega e polo tanto, valorarase o seu uso axeitado.
- Exposición clara da receita. Duración máxima de 5 minutos.
- A calidade de elaboración do vídeo.
O/A gañador/a obterá un cheque asgasallo por valor de 50 € e o finalista de 20 €.
- APIs de Blogue
- Leer máis
Entrega de PREMIOS do Concurso "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"
O venre 26 de xuño ás 5:30 na Colexiata de Xunqueira de Ambía, tivo lugar a entrega de premios do VII Concurso de relato e debuxo "Falando de Solidariedade" que este ano tivo como LEMA: "Historias solidarias en tempos de confinamento".
- APIs de Blogue
- Leer máis
II Concurso Pola Igualdade LGTBI+
Participación: poderá participar todo o alumnado da ESO e 1º de Bacharelato
Como participar: Realizaredes un deseño acompañado dun lema pola Igualdade LGTBI+ en formato marcapáxinas ( 5x20 cms, ou mantendo a proporción) por unha ou as dúas caras (frontal e reverso). Poderanse empregar diferentes técnicas: bolígrafo, rotuladores, acuarela, lápices de cores, técnicas mixtas, etc.
Data límite de entrega dos traballos: 11 de xuño.
Podes entregar os traballos a través do correo electrónico do instituto: ies.allariz@edu.xunta.gal
Xurado: o día 15 de xuño o xurado escollerá entre os deseños recibidos un gañador. O xurado estará formado pola xefa de Departamento de Artes plásticas e Visual, a xefa de Departamento de Filosofía e coordinadora do equipo LGBT.
Premio: o premio terá unha dotación de 25 euros intercambiables en material escolar/libros.. O traballo gañador exporase na web do Instituto e con el faremos marcapáxinas que entegaremos s todo o profesorado e alumnado a principios do curso 2020-2021.Con todos os traballos participantes realizaremos unha exposición pola diversidade na páxina web do centro .
- APIs de Blogue
- Leer máis
Semana das LETRAS GALEGAS 2020 (18-22 maio)
Na Semana das Letras Galegas (18-22 maio) , desde a BIBLIOTECA en coordinación co Departamento de L.GALEGA e cos colexios de primaria de Allariz e Xunqueira,de Ambía CONVOCAMOS a todo o alumnado a participar no VII Concurso de debuxo, conto e relato "FALANDO DE SOLIDARIEDADE", organizado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, que este ano ten como LEMA: "Historias solidarias en tempo de confinamento".
ANÍMATE A PARTICIPAR
As BASES pódense consultar no documento adxunto.
- APIs de Blogue
- Leer máis
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »