Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Complementarias
EXCURSIÓN DIDÁCTICA A SANTOMÉ E OSEIRA E OBRADOIRO SOBRE "O SEGREDO DOS FRANCISCANOS"
O día 21 de outubro e dentro das actividades que estamos organizando polo mes da Biblioteca, o alumnado de 3º ESO, acompañados de Manuela e María, realizaron as seguintes actividades:
1. Visita ao castro de Santomé, onde puideron disfrutar da natureza e aprender cousas sobre a cultura castrexa.
2. Obradoiro sobre "O Segredo dos Franciscanos" que se levou a cabo no Arquivo Histórico de Ourense e lles permitiu facer un percorrido pola historia desta orde na cidade de Ourense.
3. Visita ao Mosteiro de Oseira, onde ademais de poder contemplar a marabillosa arquitectura do mosteiro puideron ver a súa fermosa "Biblioteca".
EXCURSIÓN A CELANOVA
O pasado 14 de outubro, o alumnado de 2º de ESO do IES de Allariz, compartíu unha xornada de convivencia en Celanova co alumnado de 6º de primaria do CEIP Padre Feijoo.
Xuntos visitaron Vilanova dos Infantes, O Mosteiro de Celanova, a Biblioteca do IES, a Casa dos Poetas e Castromao.
Ademais tanto o alumnado como o profesorado compartiron un xantar na Alameda da Vila.
Esta é unha das actividades que se propoñen desde a Biblioteca como un intercambio de experienciasentre primaria e secundaria que polo de agora está dando bos resultado.
O MES DE OUTUBRO DEDÍCASE Á BIBLIOTECA
Durante o mes de outubro, no noso centro organízanse unha serie de actividades para conmemorar que o día 24 se celebra o "Día da Biblioteca". Neste curso a nosa planificación para este mes é a seguinte: -Día 14 de outubro: "Excursión a Celanova" co alumnado de 2º ESO para facer unha xornada de convivencia co alumnado de 6º primaria e visitar: Casa dos Poetas, Mosteiro, Biblioteca do IES de Celanova, Castromao. - Día 21 de outubro: "Excursión didáctica a Oseira e o castro de Santomé" co alumnado de 3º ESO. - Día 23 de outubro: Asistencia á representación teatral sobre "Memorias dun neno labrego" a cargo de Cándido Pazó, actividade organizada polo Concello de Allariz e na que participan alumnos de 5º E 6º de primaria e 1º e 2º de ESO así como o alumnado de PMAR e PDCII - Semana do 26-29 de outubro: Visita á biblioteca do alumnado de 1º ESO para explicarlle o seu funcionamento e entregarlle os carnés de biblioteca. - Organización do Equipo de Colaboradores da Biblioteca co alumnado novo que chega ao centro. |
XORNADA DE CONVIVENCIA INTERXERACIONAL
O Concello de Allariz, organiza a comezos de outubro unha Semana dedicada ás Persoas Maiores.
Desde o noso centro levamos participando desde o ano pasado, organizando unha convivencia entre adolescentes e persoas maiores.
A actividade consiste en facer unha "Andaina Interxeracional" ó redor dunha actividade cultural.
Este ano fomos visitar Santa Mariña de Augas Santas e o Castro de Armea.
O alumnado escollido foi o grupo de PMAR (8 rapaces) que pasaron unha xornada de intercambio de experiencias o día 1 de outubro e posteriormente puideron gravar un programa de radio en Radio Allariz.
Foi unha experiencia xenial que esperamos poder repetir.
O NOSO CENTRO PARTICIPA NA HOMENAXE AO PÁRROCO DE VILANOVA DOS INFANTES
Un alumno do noso centro, Gonzalo Villar de 3º ESO (PMAR) representou ao noso centro coa gravación dun fragmento do famoso poema de Curros Enríquez "A Virxe do Cristal".
Nesta actividade, que organiza a "Casa dos Poetas" participaron tamén os colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía, xunto con outros centros de Galicia.
Preténdese facer unha homenaxe ao párroco de Vilanova dos Infantes, tristemente falecido o ano pasado, a través da lectura de distintos fragmentos da famosa obra de Curros por parte de alumnos de distintos centros que ao longo dos anos foron visitando Celanova.
Agradecemos a colaboración do noso excompañeiro, Rogelio Barbosa, que se ofreceu a facer a gravación e editala para mandala á Casa dos Poetas.
O IES DE ALLARIZ REPRESENTADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NAS VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA
O pasado 5 de xuño ,o IES de ALLARIZ, participou nas VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA, que se celebraron en Santiago de Compostela.
A coordinadora da biblioteca, representaou ao centro, cunha charla "CLUBS QUE CREAN VÍNCULOS", onde se falaba sobre unha das actividades que máis acollida ten entre o alumnado e profesorado do noso centro: AS TERTULIAS LITERARIAS.
Desde o curso 2009-10, o noso centro, participa nas Tertulias Literarias que organiza o concello de Ourense no Liceo, no 2º e 3º trimestre que consisten na lectura dun libro en galego e outro en castelán e na celebración conxunta de varios centros da Tertulia.
Desde o curso 2011-12 lévanse organizando unhas TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ, que contan con 2 modalidades: presencial e radiofónica, na que o alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato, participan de bo grado.
No vindeiro curso queremos facer extensible esta actividade aos colexios de primaria, organizando unha tertulia conxunta para o último ciclo de primaria e o 1º ciclo de secundaria.
Desde o IES, AGRADECEMOS a colaboración do profesorado, alumnado, Concello, asociacións culturais, librarías e en especial a RADIO ALLARIZ que nos permite facer máis atractiva esta actividade.
EXCURSION DE 4º ESO E PDCI A PONTEVEDRA-O GROVE
O pasado 28 de maio, o alumnado de 4º de ESO e PDCI puideron disfrutar dun día de excursión en Pontevedra e O Grove.
Visitaron, acompañados das súas profesoras Belén Barril e María Sánchez, o Museo de Pontevedra onde puideron facer un percorrido pola historia de Galicia desde o Paleolítico ata a actualidade. Logo fixeron o "Roteiro de Castelao" pola parte antiga de Pontevedra.
Tiveron un tempo libre para comer e como o tempo acompañaba algúns disfrutaron dun baño nas augas do Grove.
Pola tarde realizaron unha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa no que ademais da beleza da paisaxe puideron aprender moitas cousas sobre as técnicas de captura de mexilóns, vieiras, ostras e tamén coñecer as especies de algas que habitan a nosa Ría.
Foi un día inolvidable xa que ademais tiveron un encontro con unha profesora de Lingua Española, Sara, que estivo con eles o ano pasado e á que querían moito.
Un día inesquecible sobre todo para o alumnado de PDCII que tiñan moita ilusión por volver ver a sú extitora.
O ESPANTALLO AMIGO
O día 18 de maio, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO (AE) acudiron a unha representación teatral ofrecida pola compañía "Os Quinquilláns" na Casa da Cultura de Allariz sobre a obraA esta actividade tamén acudiron os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria dos colexios de Xunqueira de Ambía e Allariz. de Neira Vilas "O Espantallo amigo"
Colaboraron os 3 centros escolares e o concello coa editorial Galaxia para ofrecer esta actividade no Mes das Letras Galegas.
CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"
O pasado 15 de maio, fíxose entrega en Xunqueira de Ambia dos premios do II Concurso "Falando de Solidariedade".
Do noso centro resultaron premiados seguintes alumnos:
1º Ciclo: Francisco Morales Vidal (2º ESO): 1º premio
2º Ciclo: Elisabeth Lorenzo (PDCII): Finalista
Bacharelato:
Eva Quintas (1º Bacharelato): 1º premio
Manuel Fernández (2º Bacharelato): Finalista
CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"
O pasado 15 de maio, fíxose entrega en Xunqueira de Ambia dos premios do II Concurso "Falando de Solidariedade".
Do noso centro resultaron gañadores os seguintes alumnos:
1º Ciclo: Francisco Morales Vidal (2º ESO): 1º premio
2º Ciclo: Elisabeth Lorenzo (PDCII): Finalista
Bacharelato:
Eva Quintas (1º Bacharelato): 1º premio
Manuel Fernández (2º Bacharelato): Finalista
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »