O 20 de maio, os centros escolares de Allariz (CEIP Padre Feijoo, IES de Allariz) e Xunqueira de Ambía (CEIP Padre Crespo), organizan a Entrega de Premios da 3ª edición do Concurso "Falando de Solidariedade", que este ano ten como temática "Os movementos migratorios".
Este acto terá lugar en Xunqueira a partir das 17:30 da tarde e nel inclúense varias actividades de animación á lectura destinada a rapaces dos distintos niveis educativos (infantil-bacharelato).
Ademais, nos distintos centros pola mañá vanse organizar varias actividades tamén que teñen que ver co tema da solidariedade.
Os alumnos de 1º de bacharelato, van realizar unha sesión de contacontos na gardería e na residencia de anciáns de 11:30-12:30.
Ademais, o alumnado de 2º de ESO e PMAR asistirá ao encontro con Francisco Castro para falar do libro "O neno can" que se traballou durante o 3º trimestre e ten unha temática relacionada cos dereitos da infancia.
Pódese consultar o programa de actividades no adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
III PROGRAMA ACTOS E ENTREGA DE PREMIOS.doc | 33 KB |