Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

PROBAS DE ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL-FP

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

A solicitude de inscrición realizarase telemáticamente. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Tertulias Literarias Ourense

O pasado día 24 de xaneiro, algún alumnado de 4º ESO e 1º de Bach asistiron a unha Tertulia Literaria en galego sobre a obra"As alumnas" de Paula Carballeira e ao posterior encontro que se celebrou no Liceo de Ourense desde as 16:00 ás 19:30

SOLICITUDE BONO DEPORTE XUNTA

As familias do alumnado participante no Cros do Xogade do mes de decembro, pode solicitar o Bono Deporte da Xunta de Galicia.

Manteñamos limpo o Arnoia

Valeria, Leo e Hugo, alumnado de 1ºESO, escolleron o río Arnoia ao seu paso pola vila, como escenario para presentarnos o seu proxecto de construción dunha depuradora caseira. Queren concienciarnos da importancia de evitar a contaminación dos nosos ríos

Visita a museos en Santiago de Compostela

O día 1 de decembro, alumnado de 4º ESO visitou o Museo do Pobo Galego e o de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela participando en obradoiros.

Tertulia co autor Francisco Castro

Hai uns días recibimos a visita do autor Francisco Castro e mantivemos unha charla sobre o seu libro: "Isto si é un home"

Charla SOS Racismo

A pasada semana, tivemos unha charla impartida por SOS Racismo para concienciar sobre os estereotipos racistas na nosa sociedade

Simulación do ciclo das rochas con caramelos mastigables

O alumnado de 1ºESO aprendeu como xorden e se transforman as rochas magmáticas, metamórficas e sedimentarias dun xeito moi doce.

Información servizos complementarios

  1. AUTOBUS ESCOLAR: As familias do alumnado usuario deste servizo que o utilice para ir o centr, pero que, pola razón que sexa, non o utilice de volta o mesmo día, deberán informar ao centro pola mañá.
  2. COMEDOR ESCOLAR: Se un usuario do comedor non vai facer uso do servizo un luns, as familias do alumnado usuario deste servizo deberán avisar antes das 9.00 da mañá do mesmo luns de que non usarán o Servizo de comedor.
Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare