Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Artistas do IES de Allariz

Fermosas fotos do grupo "No Brain" (Celso, Brais, Dani, Héctor) todos eles alumnos do IES de Allariz, feitas por Nerea Devesa, tamén alumna deste IES. Podedes ver máis en "galerías", na parte superior da páxina. 

                                                                                      Artistas do IES de Allariz

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL QUIJOTE" PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO

O Pasado luns, 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO asistiron a un obradoiro de animación á lectura na Casa da Cultura de Allariz, a cargo de Raquel Queizás sobre a obra "El Quijote".

Iníciouse así o ciclo de actividades que vai organizar a Biblioteca en colaboración cos departamentos didácticos para conmemorar o "Mes do Libro".

Nesta actividade tamén participou o colexio de primaria Padre Feijoo, co que colaboramos estreitamente desde a Biblioteca.

 

 

VI Olimpíada de xeoloxía

     Celebrouse en Ourense a VI Olimpíada de Xeoloxía, participando nela 12 alumnas e alumnos do noso IES. Cristhian Rivero Vidal, de 1º de Bacharelato, acadou un moi meritorio 4º posto provincial entre os 75 participantes.

Ademáis das fotos que vedes eiquí, tedes máis na galería de imaxes desta páxina. As mellores foron feitas polo profesor do IES Taboada Chivite de Verín Don Javier Rodríguez, ao que lle expresamos o noso agradecemento.

 

DÍA DE SAN VALENTÍN NO IES DE ALLARIZ

No noso centro quixemos celebrar este ano o Día de San Valentín  con música e poesía.

O día 12 de febreiro, o departamento de francés, dirixido por Pilis, organizou unha actividade relacionada con cancións de amor en francés. Durante os 2 recreos, puidemos disfrutar coa música e tamén coa contemplacion duns fermosos corazóns cheos de "letras de amor".

Por outra banda, o dia 13, venres, o departamento de Lingua Castelá, en coordinación coa Biblioteca, organizou unha "Exposición de Poemas de amor decorados" que tivo moito éxito. A actividade consistíu en que o alumnado buscou poemas de amor de escritores famosos en galego, castelán, francés e inglés e decoráronos cada un ao seu xeito. Logo expuxéronse nos corredores do centro para que cadaquén elixise o que máis lle gustase e puides

e agasallar á persoa que quixeran.

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO DE OURENSE SOBRE A OBRA DE CLARA SÁNCHEZ "LO QUE ESCONDE TU NOMBRE"

O pasado martes, 3 de febreiro algúns alumnos de 1º e 2º de bacharelato e 1 de PDCII acudiron a unhas tertulias en castelán no Liceo de Ourense sobre a obra de Clara Sánchez "Lo que esconde tu nombre".

Estiveron acompañados do alumnado do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo de Limia e tamén do IES "Ferro Couselo" de Ourense.

Coma sempre foi unha actividade da que disfrutamos moito tanto alumnos como profesores a pesar de que as condicións climatolóxicas este ano non eran moi boas.

PREMIO EXTRAORDINARIO FIN DE DE CARREIRA

     Raquel Pérez Orozco, antiga alumna deste centro, acaba de obter o Premio Extraordinario Fin de Grao (Enxeñaría da Enerxía) da Universidade de Vigo.


     Felicidades por este recoñecemento ao seu magnífico traballo.  

TERTULIAS LITERARIAS CON FRANCISCO CASTRO

Onte, 26 de novembro, reunímonos na Casa da Mocidade os clubs de lectura de 5 centros educativos (IES Allariz, Maceda, Bande, IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioguía de Xinzo de Limia) para asistir a unha tertulia literaria sobre a obra de Francisco Castro "O corazón de Branca de Neve".

A actividade resultou moi ben e o alumnado puido disfrutar dunha tertulia radiofónica e tamén do encontro co autor. Foi moi amena e todos participaron de xeito activo.

 

 

25 de NOVEMBRO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO realizaron uns fermosos traballos nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética coa súa profesora María de Toro.

Mañá, a terceira hora, farán unha lectura na Biblioteca daqueles textos máis representativos que logo serán lidos en público na praza do concello ás 12:00.

O IES quixo unirse á homenaxe que outros colectivos da vila lle queren render a tantas mulleres que sofren "Violencia de xénero".

ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ

O día 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO tiveron a oportunidade de coñecer a Ricardo Gómez, autor das obras que leron durante este trimestre na materia de Lengua Española.

Foi unha actividade entretida, na que o alumnado interactuou co autor moito, tendo a oportunidade de poder entender mellor as obras lidas.

Titorías 2016-2017





CURSO



PROFESOR/A TITOR/A



DÍA/HORA TITORÍA



1º ESO A


   HERNÁNDEZ BUSTABAD, María Isabel


XOVES



10:30-11:20



1º ESO B



FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, Olga

 



MEŔCORES



10:30-11:20



2º ESO A



ÁLVAREZ UCHA, Felisindo



LUNS



10:30-11:20



2º ESO B



MÉNDEZ FERNÁNDEZ, María Eva
  



MARTES



10.30-11:20



3º ESO A



IGLESIAS LOSADA, Daniel



MARTES



10:30-11:20



3º ESO B



QUINTAS RODRÍGUEZ, Sandra



MARTES



11:20-12:10



4º ESO A



SÁNCHEZ CID, María



VENRES



10:30-11:20



4º ESO B



RIBEIRA CASCUDO, Manuela



MARTES



9:20-10:10



PMAR 2º



BARRIL GAMONAL, Mª Belén



VENRES



10:30-11:20



PMAR 3º



 

NÓVOA RODRÍGUEZ, Felisindo



XOVES



10:30-11:20



1º BACH



CIENCIAS



DE TORO GONZÁLEZ, María



VENRES



10:30-11:20



1º BACH



HUMAN.



BOBILLO VÁZQUEZ-MONJARDÍN, María



VENRES



12:30-13:20



2º BACH



CIENCIAS



TATO SANTOS, Mª José



LUNS



11:20-12:10



2º BACH



HUMAN.



REZA CARRIL, J. Adolfo



MÉRCORES



10:30-11:20

 

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare