Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

O galego que inventou o Tecnefón: a máquina que falaba

Tecnofón"Non era o Siri nin o Cortana. Pero emitía sons que imitaban a voz humana. Porque a  voz artificial é hoxe tan común que mesmo resulta molesta. Abusan dela por teléfono os servizos de atención ao cliente. Acompáñanos de viaxe cando activamos o GPS. E ata é a forma de comunicarse que emprega o científico Stephen Hawking. Pero, hai un século e medio, un sintetizador de voz era un soño inalcanzable. Con todo, conseguiu crealo un galego de Cotobade, Severino Pérez Vázquez, que patentou o Tecnefón, unha especie de piano de parede que, por un sistema de teclas e foles, falaba." Isto é o que nos contan en gciencia.com

Novembro é o mes da ciencia en galego

Para celebrarmos a dobre efeméride de que Novembro é o mes da ciencia en galego e que imos celebrar no noso centro o XXX Congreso da Enciga iremos ligando a novas de ciencia en galego do portal www.gciencia.com durante todo o mes. Neste primeiro o blogueiro Manuel Rey fálanos de Galego de laboratorio. E se temos éxito continuaremos!

Un magnífico Samaín!

samaínA semana pasada celebramos o Samaín, un magnífico Samaín! No que ademáis de celebrar a lingua celebramos un concurso de relatos que gañaron Raquel Martínez no 1º ciclo da ESO e Aixa Alamino no 2º ciclo da ESO. Ademáis tamén nomearon á cabaza de Jana e á torta de Raguía como as mellores. No concurso de portas gañaron 1ºB no primeiro ciclo e 3º B no segundo. 

Charla "Bullying a través das TICs" para 2º ESO

O martes 14 de novembro persoal da Cruz Vermella impartirá ao alumado de 2º ESO a charla "Bullying a través das TICs".

Charla "Substancias adictivas nos adolescentes" en 3º ESO

O xoves 9 de novembro persoal da Consellería de Sanidade impartirá a primeira parte da charla "Substancias adicitivas nos adolescentes".

Charla "Novas tecnoloxías. Vives para elas?" para 1º ESO

O 7 de novembro persoal da Consellería de Sanidade dará unha charla ao alumnado de 1º de ESO "Novas Tecnoloxías. Vives para elas?".

Imos celebrar o Samaín

A semana vindeira imos celebrar o Samaín para axudar a que todos e todas valoremos as tradicións e a nosa lingua. Como xa sabedes hai concurso de sobremesas, de decoración das portas con lema, de cabazas e de microrelatos. Haberá magníficos (ou polo menos haberá he he..) agasallos.

Abalar Móbil

Co obxectivo de mellorar a comunicación coas familias desde o centro estamos poñendo en marcha o servizo Abalar móbil que é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica dos seus fillos a través do teléfono móbil. Puxemos unha ligazón permanente no menú da dereita no que se explican as funcionalidades e como instalar a aplicación. Tamén podedes descargar unhas instrucións do Abalar móbil en pdf.

 

XXX Congreso de Enciga

Enciga

Os días 16, 17 e 18 de novembro celebraráse no noso centro o XXX Congreso de Enciga, unha oportunidade única para que centos de ensinantes de ciencias de galicia coñezan a nosa vila e o noso centro. Seguiremos informando das actividades, exposicións...

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare