Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

CAMPAÑA DE NADAL 2015

Como tódolos anos comeza a CAMPAÑA DE NADAL que durará desde o 10 de decembro ata o 8 de xaneiro

dirixida á toda a comunidade educativa.

 

LEMBRADE:

 

-PÓDENSE LEVAR ATA 5 LIBROS DURANTE ESE PERIODO DE TEMPO.

 

-NA BIBLIOTECA HABERÁ UNHA EXPOSICIÓN DE NOVIDADES E OBRAS DE INTERESE.

PRESENTACIÓN DO CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA

Como tódolos anos, o alumnado de 1º ciclo da ESO participou na elaboración do CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA, guiados pola nosa compañeira Olga, que desde hai 30 anos colabora cos seus alumnos nesta causa.
O debuxo elixido do noso centro foi realizado por un alumno de PDCII, IÑAKI RIVERO.
Este ano ademais dedícase a "Manuel María", autor homenaxedado nas Letras Galegas e que aparece tamén no calendario.
Quíxose lembrar tamén o desastre ocorrido en Francia, cunha imaxe en homenaxe ás víctimas.
Desde a Biblioteca queremos felicitar tanto ao alumnado coma o profesorado que colabora neste proxecto polo seu traballo e dedicación.

Grazas a todos aqueles alumnos que se comprometen a vender o calendario para recadar fondos para esta causa.

 

REUNIÓN CLUB DE LECTURA 2º CICLO

Os alumnos do club de lectura de 2º ciclo de ESO reuníronse coa súa profe para comentar as obras que leron durante este trimestre sobre literatura fantástica.
Aproveitaron a presentación da obra "O mundo secreto de Basilius Hoffman" e tamén a exposición sobre literatura fantástica que estivo no centro durante o mes de novembro.

 

HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS


O pasado 27 de novembro  faleceu un dos grandes da literatura galega: XÓSE NÉIRA VILAS

No IES de Allariz,tivemos a sorte de contar coa súa presenza hai 3 anos, cando veu inaugurar unha nova actividade que comezamos a desenvolver a través do club de lectura.

Apadriñou as nosas "Tertulias Literarias" co seu libro máis emblemático "Memorias dun neno labrego".

Hoxe queremos rendirlle unha homenaxe no noso centro a través dunha exposición da súa numerosa obra, na nosa biblioteca

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMANN"

O vindeiro luns. 16 de novembro, farase no salón  de actos do noso centro de 16:50 a 17:40 a presentación do libro

 

 

 

O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños (club de lectura de 3º e 4º ESO)

 

çse vai traballar no club de lectura, ao alumnado de 

 

EXPOSICIÓN DE LITERATURA FANTÁSTICA NA BIBLIOTECA E NOS CORREDORES DO CENTRO

Durante o mes de novembro, haberá unha EXPOSICIÓN SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA EN GALEGO, nos corredores do centro (paneis onde se dá información sobre o nacemento e evolución do xénero) e na BIBLIOTECA (exposición de libros de literatura fantástica en galego publicados pola editorial URCO).

PROXECTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2015-2016: "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"

O vindeiro 29 de outubro,, ás 20:00 H preséntase no Fogar do Maior, o Proxecto "Falando de Solidariedade"no que participan varios centros escolares: CEIP Padre Feijoo de Allariz, CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, IES Cidade de Antioquía e IES de Allariz.
Esta actividade faise coa colaboración do concello de Allariz e outras entidades locais.


Este proxecto iníciase cunha charla a cargo do doctorManuel Garrido Valenzuela sobre o traballo que leva realizando desde hai varios anos en Bolivia e que supón o punto de partida do proxecto que se vai desenvolver en diferentes centros durante este curso escolar.

O obxectivo é traballar co noso alumnado a "solidariedade" en todos os ámbitos, realizando traballos de investigación e actividades de distinto tipo ao longo do ano que lles permita ir conciencíandose da realidade do mundo que os rodea e os axude a ser mellor persoas, obxectivo clave da educación.

 

DÍA DA BIBLIOTECA: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"

O pasado 23 de outubro e, dentro das actividades que se organizaron para conmemorar o "Día da Biblioteca", o alumnado de 1º, 2º ESO, asistíu á Casa da Cultura do Concello de Allariz, para ver a adaptación que Cándido Pazófixo da famosa obra de Neira Vilas "Memorias dun neno labrego".
A esta actividades tamén asistiron os alumnos de5º e 6ª de primaria do colexio CEIP Padre Feijoo de Allariz.

Foi unha actividade compartida que disfrutaron moito.

EXCURSIÓN AO COUREL

En GALERÍAS (parte superior da páxina) pódense ver fotos da excursión ao Courel de alumnado de bacharelato. Quen queira fotos con máis tamaño que as pida.

EXCURSIÓN DIDÁCTICA A SANTOMÉ E OSEIRA E OBRADOIRO SOBRE "O SEGREDO DOS FRANCISCANOS"

O día 21 de outubro e dentro das actividades que estamos organizando polo mes da Biblioteca, o alumnado de 3º ESO, acompañados de Manuela e María, realizaron as seguintes actividades:

1. Visita ao castro de Santomé, onde puideron disfrutar da natureza e aprender cousas sobre a cultura castrexa.

2. Obradoiro sobre "O Segredo dos Franciscanos" que se levou a cabo no Arquivo Histórico de Ourense e lles permitiu facer un percorrido pola historia desta orde na cidade de Ourense.

3. Visita ao Mosteiro de Oseira, onde ademais de poder contemplar a marabillosa arquitectura do mosteiro puideron ver a súa fermosa "Biblioteca".

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare