O pasado 27 de novembro faleceu un dos grandes da literatura galega: XÓSE NÉIRA VILAS
No IES de Allariz,tivemos a sorte de contar coa súa presenza hai 3 anos, cando veu inaugurar unha nova actividade que comezamos a desenvolver a través do club de lectura.
Apadriñou as nosas "Tertulias Literarias" co seu libro máis emblemático "Memorias dun neno labrego".
Hoxe queremos rendirlle unha homenaxe no noso centro a través dunha exposición da súa numerosa obra, na nosa biblioteca