Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Cros Xogade
O alumnado de 1º a 3º ESO participou na competición deportiva escolar de Cros pertencente ao Xogade da Xunta de Galicia, disputada no complexo deportivo de Monterrei e na que a maiores de pasalo xenial facendo deporte, obtivemos uns excelentes resultados. Noraboa!!!!
- APIs de Blogue
Charla sobre violencia e agresións sexuais
O alumnado de 4º ESO recibiu unha charla sobre violencia e agresións sexuais impartida por técnicos da Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia
- APIs de Blogue
"Fauna esencial"
O alumnado de 1º ESO acudiu á Casa da Cultura de Allariz para visitar a exposición fotográfica "Fauna Esencial" onde buscaron información sobre especies animais que poden atoparse nos nosos bosques.
- APIs de Blogue
Obradoiro sobre minerais no laboratorio de Física
O alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro sobre minerais, impartido por unha antiga alumna do instituto, Raquel Pérez, docente e investigadora na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Moitas grazas por voltar ao teu centro.
- APIs de Blogue
SOS RACISMO
Esta semana a organización SOS Racismo, levou á practica uns obradoiros co alumnado de 3º ESO, cos que intentar atallar e desmentir mitos, bulos e prexuízos que persisten na loita contra o racismo e a xenofobia.
- APIs de Blogue
Rafting 2024
Preme no link que tes a continuación e verás ao alumnado de 1º Bach facendo Rafting no río Miño ao seu paso pola localidade de Arbo (Pontevedra)
https://drive.google.com/file/d/1QuAGuU6STFL69qV-e5FrBlAWiWDI4vxF/view?usp=sharing
- APIs de Blogue
Visita a Celanova e Vilanova dos Infantes
O pasado 25 de outubro, o noso alumnado de 1º ESO fixo unha visita cultural a Vilanova dos Infantes, acudindo a Fundación Curros Enríquez, o claustro do Monasterio de San Salvador, a biblioteca do IES Celanova e paseando polo casco vello de Vilanova dos Infantes.
- APIs de Blogue
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
Comunicámoslles, que de conforme co establecido Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos
- APIs de Blogue
EDUGAL 2024
O noso alumnado de 2º Bach e de TIC II de 1º Bach acudiu a EDUGAL no recinto feiral de Pontevedra, no que se presentaron distintas ofertas formativas das Universidades galegas e da FP.
O "Diario de Pontevedra" recolle a noticia do evento con fotografía do noso alumnado:
https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/edugal-moi-boa-experiencia/202410111215511324000.html
- APIs de Blogue