Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

EDUGAL 2024

O noso alumnado de 2º Bach e de TIC II de 1º Bach acudiu a EDUGAL no recinto feiral de Pontevedra, no que se presentaron distintas ofertas formativas das Universidades galegas e da FP.

O "Diario de Pontevedra" recolle a noticia do evento con fotografía do noso alumnado:

https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/edugal-moi-boa-experiencia/202410111215511324000.html

 

 

 

 

Exposición Exxperimenta en feminino

Desde o 15 ao 29 de outubro, no edificio da ESO poderase ver a exposición itinerante Exxperimenta en feminino: Mulleres na ciencia, apoiada pola Unidade de Igualdade da UVigo e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Está formada por 14 posters, tipo roll up, sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente. A selección de mulleres da exposición abarca desde a investigación básica á aplicada, desde o ámbito galego ao internacional e desde a física á informática. Así, a través dos roll up, o público pode coñecer desde a primeira muller galega (e española) en presentar unha tese no campo da astronomía, ata a muller que deu o seu nome á linguaxe de programación ADA.

Esta mostra ofrece información da física Mileva Maric; da física e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrónoma Antonia Ferrín; da bioquímica Margarita Salgas; da química e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeñeira química Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbióloga Esther Lederberg; da psicóloga e bióloga Linda B. Buck; da química industrial e farmacéutica María José Núñez; da farmacéutica e química Tarsy Carballas; da tecnóloga dos alimentos Concepción Llaguno e da química e farmacéutica Teresa Toral.

 

O obxectivo desta actividade é espertar vocacións científicas nos rapaces e rapazas a través de referentes femininos.

 

Dispoñible na web o capítulo das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia relativas ás normas de conduta

Están dispoñibles na nosa web o capítulo relativo aos comportamentos contrarios á convivencia leves e as medidas correctoras asociadas, no menú esquerdo en Documentos do centro. Subliñar que desde o curso 2023-2024 está aprobado un sistema de puntos no que por cada conduta contraria se asignan uns puntos en función da gravidade, cando se acumulan 6 puntos pode conlevar a perda do dereito de asistencia a clase de 1 a 3 días. Pódense suprimir os puntos non tendo faltas de conduta. Un ambiente agradable, amable e cordial é unha prioridade para o centro.

INICIO DO CURSO 2024-2025

MÉRCORES 11 DE SETEMBRO

. Recepción do alumnado da ESO ás 8:30

. Recepción do alumnado de BACH ás 9:20.

Materias que se impartirán no curso 2024-2025

Coa matrícula xa pechada e os datos de profesorado dispoñible as materias que se impartirán no curso 2024-2025 son as que se achegan.

O alumnado galego que estude portugués no seu centro educativo poderá acreditar o seu nivel lingüístico de xeito gratuíto

Trátase dun acordo pioneiro do que se poderán beneficiar estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato

Farán as probas Camões Júnior desde os seus propios centros e poderán certificar os niveis A1, A2 e B1

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43653

Graduación 4º ESO

O pasado venres tivemos o acto de graduación de 4º ESO da promoción 2020-24 con moita presenza dos seus familiares, amigos e profesores; na que brotou algunha que outra bágoa de emoción contida...

 

Acto de Graduación de 2º Bacharelato

O pasado venres 7 de xuño, o noso alumnado de 2º Bacharelato celebrou o seu acto de graduación nun ambiente moi agradable e relaxado despois da ABAU...

Parabéns e moita sorte no voso futuro!!!

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare