Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

"RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC"

           Rapazas Alaricanas nas TIC

            

 

 

 Este ano, por primeira vez no noso centro e dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, un grupo de alumnas e alumnos de 3º, 4º da ESO e 1ª de BAC, están a participar no programa "Rapazas emprendedoras nas TIC"

 

III OLIMPIADA DE XEOGRAFÍA

                                     

O día 23 de abril, 7 estudantes de 3ºeso participaron na III Olimpiada de Xeografía que se celebrou en Santiago xunto con 100 alumnos de 14 centros educativos de Galicia. Unha alumna do IES ALLARIZ acadou o 3º posto, o que lle permitirá participar na fase estatal.

III CARREIRA-ANDAINA SOLIDARIA 2024

O pasado mércores 17 de abril, organizamos a 3ª edición da Carreira Solidaria facéndoa coincidir co Día da Educación Física na rúa. Contamos coa presenza do alumnado de 6º de Primaria dos CEIP de Allariz e de Xunqueira de Ambía, e neste caso a recadación foi para ACNUR (Nacións Unidas)

CHARLA GARDA CIVIL SOBRE ADICCIÓNS

O pasado xoves 18, un axente da Garda Civil acompañado de persoas rehabilitadas en distintas adiccións, amosaron datos e testemuñas sobre esta temática ao alumnado de 4º ESO e 1º BACH.

CONVIVENCIA DEPORTIVA 2024

Co fin de fomentar actividades deportivas entre alumnado de distintos centros educativos, disfrutamos dunha xornada de convivencia cos IES Maceda, Castro Caldelas e Miraflores, na que fixemos equipos misturando alumnado dos distintos centros para xogar ao Ultimate, Datchball e Voleibol.

O RíO ARNOIA

O luns 16 de abril o alumnado de 4º ESO B e C foi ao río Arnoia para facer unha análise Físico/Química e Biolóxica da auga e unha valoración da Flora da ribeira. Dita actividade pertence ao Plan Proxecta: O Monte Vivo.

 

SOLICITUDE DE BOLSAS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS CURSO 24-25

Prazo de presentación de solicitudes ABERTO desde o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00h.

INFORMACIÓN BECAS E AXUDAS PARA ESTUDIOS 

COMO SOLICITALA

REQUISITOS

ACCESO A TRAMITACIÓN SEDE ELECTRÓNICA

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN -curso 2024/25- (alumnado que cambie de centro)

Prazodo 1 ao 20 de marzo de 2024

 

Deberán presentar o formulario Anexo II e II-bis, dispoñible na aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnadoa través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal xunto coa documentación indicada no mesmo (excepcionalmente en papel no centro elixido en primeiro lugar)

TÍTULOS

alumnado que superou a ESO ou o BACHARELATO no curso 2021-2022xa pode recoller o título correspondente na secretaría do centro (ou autorizar por escrito a outra persoa)

Charla "Mulleres reais no mundo real"

O alumnado de 4º ESO, con motivo de conmemorar o "Día da Muller Traballadora", asistiu a unha charla con dúas mulleres emprendedoras (Noa Conde e Jessica González) que elixiron profesións vinculadas ao transporte, e que conseguiron realizar os seus soños superando moitas dificultades polo feito de ser muller.

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare