Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

ERASMUS+ MOBILIDADE DE ALUMNADO A ITALIA (PARMA)

Selección provisional de Alumnado para a mobilidade Erasmus+ a Italia no curso 2023-2024

Inicio do curso 2023-2024

O curso comezará para o luns 11 ás 8:30 para o alumnado da ESO e ás 9:20 para o alumnado de bacharelato. O alumnado terá unha sesión de 8:30 a 10:10 coas titorías e a partir do primeiro recreo comezarán as clases co horario de todos os cursos, ata ás 14:10 e pola tarde de 16:00 a 17:40. 

Podedes ver o lugar onde se vos chamará indicándovos en que grupo estades nestas instrucións.

Materias que NON se impartirán no curso 2023-2024

Por falta de alumnado ou por cuestións organizativas dos horarios as seguintes materias NON se impartirán no curso 2023-2024:

3º ESO

Sección bilingüe de Xeografía e Historia.

Portugués.

Cultura Clásica.

4º ESO

Portugués.

1º Bacharelato

Anatomía Aplicada

Cultura Científica

Debuxo Técnico I

Literatura Galega do século XX e a actualidade

Linguaxe e Práctica Musical

2º Bacharelato

Psicoloxía

Aberto prazo de matrícula para curso 2023-2024

Aberto o prazo de matrícula deste o 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023 para o curso 2023-2024. Podedes descargar as follas de matrícula:

VISITAMOS SÁLVORA

O último día de clase o alumnado de 1º ESO E 3º ESO visitou a illa de Sálvora. Con baño na praia incluído!

ACTUACIÓN MUSICAL FIN DE CURSO 22-23

O 20 de xuño fixemos unha actuación musical na que o alumnado de música e o seu profesor nos presentaron varias pezas. Algún profesorado tamén participou con coreografías e cancións!!

O DEBATE FINAL DE REGUEIFIÑAS

Velaquí un vídeo do noso paso pola final de REGUEIFIÑAS 2023.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare