Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

VISITA AO CIQUS

O día 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias e máis algún da materia de CAAP de 4º ESO e de CTMA de 2° de Bac (ciencias sociais), coñeceron de primeira man o que é e o que se está a facer no CiQUS.

Velaquí a nosa visita!!

Ponte... nas Ondas!, conectando escolas

O pasado luns 13 celebramos o Día da Radio, en compaña de escolas de Galicia e Portugal, grazas a Ponte… nas Ondas!, unha asociación cultural que desde 1995 vén realizando actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal.

Feliz día de Rosalía todxs!

23 de febreiro, é o día dunha das escritoras clave da literatura galega. 

No IES celebrámolo con varias actividades levadas a cabo polo departamento de galego en colaboración co de plástica e música.

Viaxe a Andorra

Do 11 ao 18 de febreiro, o alumnado de 4º ESO, desfrutou da súa viaxe de fin de etapa en Andora; realizando actividade física, en contacto coa natureza e con moita diversión durante todas as xornadas!

Concurso de carteis

Xogade, Campo a través

O pasado martes, alumnado de 1º, 2º e 3º ESO representou ao noso centro no campionato comarcal de “Campo a través” nas instalacións deportivas de Monterrei (Pereiro de Aguiar)

Ademais de disfrutar dunha xornada deportiva cun moi bo ambiente entre os participantes, acadamos excelentes resultados nas diferentes categorías.

Noraboa a todo o noso alumnado!!

As mandas do entroido

CHEGA O ENTROIDO!!!

Xa non queda nada! Debes estar atentx aos cartaces coas mandas que se colocarán polos corredores ou corchos do centro. Non esquezas cumprilas!!!

LUNS 13

Algo porás na testa;
non che dea preguiza
Verás como che presta.

MARTES 14

Xa podemos ver ao noso alumnado no programa da TVG: Aquelando con Chispa

No curso pasado algunhas/algúns alumnos/as de  2º da ESO (hoxe xa en 3º) participaron con experimentos e explicacións no programa da TVG: Aquelando con Chispa. 

MÉRCORES 18 de xaneiro - SUSPENSIÓN do transporte escolar.

Maña, MÉRCORES 18 de xaneiro, HABERA CLASE no horario habitual, aínda que a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN do transporte escolar.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare