Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

IV Concurso pola Igualdade Ser iguais é ser distint@s / ser distint@s é ser iguais

Poderá participar o alumnado nunha destas categorías:

  • Alumnado de 1º e 2º ESO
  • Alumnado de 3º, 4º ESO e 1º Bach

Como participar: Realizaredes un deseño acompañado dun lema pola igualdade en formato marcapáxinas (5x20 cm ou mantendo a proporción) por unha ou as dúas caras (frontal e reverso). Poderedes empregar diferentes técnicas: bolígrafo, rotulador, acuarela, lapis de cores, técnicas mixtas, etc.

A metamorfose na aula

Os vermes de seda. Imaxe de Enma Fernández Domínguez.

Imaxe de Enma Fernández Domínguez (1º ESO A)

O alumnado de 1º ESO está seguindo o ciclo de vida dos vermes de seda nas súas aulas.

Grazas ao profesor Alfredo Juan Conde Mariñas, do Departamento de Lingua e Literatura Castelá. que trouxo tres caixas con vermes de seda e follas de moreira (Morus alba), unha para cada grupo.

Antía Seguín Díaz finalista da categoría literaria para alumnado da ESO no IX Concurso Falando de Solidariedade

O venres 27 de maio, Antía Seguín Díaz, alumna de 3º ESO C do noso centro, recibiu o premio como finalista da categoría literaria para alumnado da ESO no IX Concurso Falando de Solidariedade: "Historias solidarias de persoas desprazadas da súa terra", que organizou o CPI Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en combinación con outros centros educativos da contorna.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Dirixidos ao alumnado que cursase 4º curso de ESO durante o ano académico 2021/22 no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia e que obtivese unha nota media de etapa igual ou superior a 9,00 puntos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

Concederase 20 premios extraordinarios. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Ciencia no patio: desfruta experimentando

Alumnado de 2º ESO realizou e gravou en vídeo experimentos sobre a viscosidade dos líquidos e os fractais, guiados polas súas profesoras de Física e Química.

Dous dos vídeos, que aparecen a continuación, foron enviados á TVG para que sexan emitidos no programa de divulgación científica, "Aquelando con Chispa".

Experimento sobre fractais realizado por Roi Cid González e Paulo Cordeiro Caneda:

O TIC-TAC da vida ou como funciona o teu reloxo biolóxico

Todo na vida é rítmico. No ser humano e nos animais percibímolo na actividade, no soño, nas células sanguíneas, no metabolismo, etc.

O alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla moi amena, na biblioteca do instituto, sobre o noso reloxo biolóxico, impartida polo ponente Jesús Manuel Míguez Miramonte, vicedecano da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Achégate á biblioteca e respira ciencia.

Ciencia no lar: As sementes buscan a luz

O alumnado de 1º ESO comprobou con experiencias sinxelas que as plantas teñen función de relación, xa que responden fronte a estímulos como a luz, a humidade e a gravidade.

Neste vídeo aparece o experimento realizado por Enma Fernández Domínguez con lentellas:

Fondo libros e axudas material-ESO curso 2022-2023

PRAZO: Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (o alumnado que teña que repetir 4º ESO poderá presentala no mes de xullo)

Lucia Xiao gañou a Olimpíada Estatal de Filosofía categoría de vídeo.

A nosa alumna LUCÍA XIAO QUINTAIROS BARBOSA, de 1° Bac, gañou a Olimpiada Estatal de Filosofía na categoría de vídeo. Sentimos moito orgullo pola nosa alumna, e igualmente pola profesora María de Toro por incentivar a creatividade e o espíritu crítico entre o alumnado.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare