Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

De que está feita a miña aldea ou vila?

Este curso, por segundo ano consecutivo, o alumnado de 1º ESO descóbrenos os minerais e as rochas utilizados en distintas construcións das comarcas de Allariz e Xunqueira de Ambia. Neste vídeo, Lía Reguenga fálanos do santuario de San Bieito de Allariz.

Pódense ver outros vídeos, premendo aqui.

Maquetas de cromosomas no ciclo celular

Alumnado de 4º de ESO realizou maquetas de cromosomas en tres fases do ciclo celular (interfase, metafase e anafase), utlizando un lapis, cable e peches metálicos automáticos. Estes modelos axudan a que comprendamos como se organiza o noso material xenético.

PROBAS DE ACREDITACIÓN LINGÜÍSTICA

Probas destinadas a alumnado de bacharelato e 4º ESO de centros públicos. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata o 16 de setembro de 2022 O alumnado interesado deberá entregar na secretaría do centro ata o día 16 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recollerán solicitudes por correo electrónico.

Inicio de curso 2022-2023

Información para o inicio das clases ESO:

  • Data e hora: xoves 8 ás 8:30. Rematarán ás 14:10.

1º ESO.

Entrarán polo portón que da ao patio da ESO onde as titoras/es irán chamándoos polo seu nome para indicarlle en que grupo están (1º ESO A, B ou C), logo acompañaranos ás aulas.

2º ESO.

Entraredes polo portón que da ao patio da ESO e debaixo do cuberto do pavillón, a carón da pereira, os/as titoras iranvos chamando para indicarvos o grupo.

3º ESO.

Lista dos libros de texto para o curso 2022-2023

Achegamos a lista dos libros de texto do curso 2022-2023.

Débese ter en conta á hora de reservar os libros que hai materias que NON se impartirán debido a que NON acadaron o número mínimo de alumnado, o alumnado estará matriculado na seguinte na súa escolla de preferencias.

MATERIAS QUE NON SE IMPARTIRÁN NO CURSO 2022-2023 (por falta de alumnado, corrección feita a 4 de agosto de 2022):

Aberto prazo de matrícula curso 2022-2023

Está aberto o prazo de matrícula do curso 2022-2023 desde o dia 27 de xuño ao 10 de xullo.

  • Hai follas de matrícula a disposición no centro. E como anexos desta nova.
  • O horario para entregalas é de 9:30 a 13:30.

Anotacións a ter en conta debido a que somos un centro cunha única liña de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais:

APERTURA DO PRAZO PARA REALIZAR AS SOLICITUDES DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS NO CENTRO DURANTE O CURSO 2022/2023

O obxectivo destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no MCERL.

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

Convocadas prazas de residencia para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2022 (este incluído).

Excursión ás Illas Cíes

Illas Cíes

O martes, 8 de xuño, os alumnos e as alumnas de 3º ESO e de 1ºBAC realizaron unha visita guiada ás Illas Cíes, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coas titoras de 3º ESO. 

Enquisa sobre hábitos de vida e interese da xuventude galega

A Consellería de Política Social solicítanos que realicemos unha enquisa sobre hábitos dos mozos/as ao alumnado de 3º e 4º ESO.

ENQUISA

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare