Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Mobilidade ERASMUS + de alumnado do noso centro a Portugal

Dez estudantes que cursan 3° ESO no IES de Allariz acompañados/as por unha docente e un docente do centro, realizaron a segunda mobilidade do proxecto que leva por título Reservas da Biosfera. 100% Sostibilidade aeropónica. Dita mobilidade tivo lugar na ESAOF Escola Arquiteto Oliveira, na localidade de Arcozelo, situada en Vila Nova de Gaia, Portugal do 12 ao 16 de decembro.

As lambetadas axudan a que coñezamos a dobre hélice do ADN

O alumnado de 4º ESO realizou maquetas da molécula da vida con lambetadas. Nestes modelos comestibles cada nucleótido inclúe: unha pentosa (desoxirribosa), ácido fosfórico, unha base nitroxenada (adenina, timina, citosina ou guanina). Ademais, teñen en conta a complementariedade de bases: en fronte dunha adenina, vai unha timina, e en fronte dunha citosina, unha guanina. A continuación aparece a dobre hélice realizada por David Rivero Fernández.

Depurando auga no fogar

O alumnado de 1º ESO quere axudarnos a comprender a depuración de augas residuais cos seus deseños experimentais.

 

Música e biomoléculas

Érika Conde e Miguel Cid compuxeron unha canción sobre as propiedades e a clasificación dos lípidos para axudar ao alumnado de 2º de bacharelato a coñecer estas biomoléculas dun xeito divertido e melodioso. A música é unha ferramenta moi útil para asimilar contidos científicos.

Información TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

Achegamos os horarios actualizados do TRANSPORTE ESCOLAR a 25 de novembro de 2022. Se hai algunha incidencia por favor comuníquenolo en ies.allariz@edu.xunta.gal.

Día Internacional para a Erradicación das Violencias contra as Mulleres

Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional para a Erradicación das Violencias contra as Mulleres, o Concello de Allariz organiza unha serie de actos, no que queremos destacar a cha

RESOLUCIÓN DEFINITIVA ACREDITACIÓN LINGUA ESTRANXEIRA

O día 15 de novembro de 2022, publicouse a Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

Premiados no concurso de decoración de cabazas.

1º PREMIO: Ángel Rivas Delgado de 2º ESO -B

2º PREMIO: Yihan Jin de 2º ESO -B

Premiados no concurso de microrrelatos do medo

Categoria:1º ciclo da ESO:

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare