Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Un día cos avós!

Alejandro Camba de 3º E.S.O. B fixo este magnífico vídeo que resume a Xornada que compartiron algúns dos nosos alumnos o pasado día 26 de abril cos maiores do Centro de Día de Allariz para celebrar o "DÍA DA COOPERACIÓN INTERXERACIONAL". Foron 2 horas de emocións nas que participaron activamente adolescentes e maiores aprendendo uns dos outros..

 

Encontro coa escritora Cristina C. Pombo

O día 26 de abril o alumnado de 3º ESO desfrutou dun encontro coa escritora ourensa Cristina C. Pombo e os de 2º ESO dun Obradoiro de escritura creativa que se levou a cabo nun entorno natural fermosísimo despois de ir visitar a parcela na que participa este ano o instituto no Festival de Xardíns que ten como tema "os sentidos" relacionados co erotismo. Ademáis a escritora participou co alumnado de 2º ESO na visita á libraría Maruxaira e ao Espazo Ben Común, así como un fermoso paseo pola vila acompañada pola responsable da biblioteca. Bo xeito de celebrar o Día do Libro!

1º Xornada do intercambio "Outros lugares, outros falares"

 O alumnado de 3º ESO mais o de 2º lingua de portugués celebraron un 25 de abril cunha  xornada festiva facendo de anfitrions dos compañeiros do IES Urbano Lugrís de Malpica.

Visítanos Santiago Jaureguizar

Hoxe, 24 de abril, visita o noso centro SANTIAGO JAUREGUIZAR, que lles vén falar aos alumnos de 2º de ESO sobre a súa obra "A boca do Inferno". O encontro será ás 9:20 no salón de actos do Instituto.

Por qué é tan importante ler?

Aí tes a resposta:

23 de abril: DISFRUTA CUN LIBRO

Nos Libros atópanse as grandes verdades da vida. Adéntrate neles e descubrirás mundos novos. Desfruta con estas fermosas REFLEXIÓNS

Saída e obradoiro de maxia para o Club de Lectura 1º e 2º ESO

O día 20 de abril, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO puideron disfrutar dunha xornada lúdica, acompañados das súas profesoras Olga, Carme e María, como recompensa ao traballo realizado durante o curso.

A xornada comezou cunha comida campestre á beira do Museo do Coiro, que resultou moi agradable pola boa temperatura. Logo, foron de visita ao Museo da Moda,onde ademais de aprender a historia do tecido en Allariz, puideron convertirse en "modelos" por un día, desfilando na pasarela. Finalmente, e despois, de disfrutar duns sabrosos xelados, asistiron a un obradoiro de Maxia con Mago Víctor Noir na Casa da Cultura.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare