Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Videoconferencia "A complexidade escondida no miúdo"

O venres 24 de novembro, ás 12:30, o alumnado de 2º e 2º ESO, acompañado polo profesorado que lle impartía clase a esa hora, asistiu a esta videoconferencia, organizada por Igaciencia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego. A ponente da mesma foi a doutora Mónica Cartelle Gestal, científica coruñesa, que é profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Lousiana. Ademais de falar do seu campo de investigación, a resistencia a medicamentos antimicrobianos, tamén comentou o camiño que tivo que percorrer para alcanzar o soño de converterse nunha científica que loita fronte as enfermidades infecciosas. Os obxectivos desta charla foron visibilizar a contribución desta muller á ciencia, aportar referentes femininos ás mozas, así como espertar vocacións científicas.

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare