Actividades

Club de lectura en galego

A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de GuernseyGústache ler e compartir as túas ideas con outras persoas?  Para empezar imos ler A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows, dispoñíbel na biblioteca en varios idiomas. Non o penses máis, le e ven pasar un bo momento con nós!

Mércores 13 de novembro de 2019 ás 17:00 na Biblioteca.

Organiza o EDLG

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

CaféGústache a lingua galega? Queres participar nas actividades culturais como aRitmar ou o club de lectura? Ven á reunión de constitución do EDLG ou manda un correo electrónico á coordinadora ikerdudo[@]eoisantiago.org.

Martes 15 de outubro de 16:00 ás 17:00 Aula 11.

II Xornada de tradución (2ª sesión)

O mércores 24 de abril do 2019 ás 18:30 horas.

  • Obradoiro con Laureano Araujo "Traducir (do alemán) en Galiza: unha aventura" (Aula 4).
  • Obradoiro con Maite Sanmarco Bande "Traduzione e lingue affini: le risorse lessicografiche in contesto galego/spagnolo-italiano" (Aula 7).

Organiza EDLG, Departamentos de alemán, galego, italiano.

II Xornada de tradución (1ª sesión)

O mércores 10 de abril do 2019 ás 19:30, no salón de actos, ven escoitar a profesionais da tradución, e pon a proba a túa habilidade tradutora! Mesa redonda sobre a o mercado actual da tradución ao galego, para o que contaremos coa presenza de dous profesionais deste eido: María Xosé García Chao, Gabriel Álvarez Martínez.

Con especial atención ao audiovisual e a publicacións en lingua francesa, inglesa, portuguesa ou xaponesa, a mesa redonda tratará sobre:

Entroido 2019

Entroido 2019O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola achégavos esta presentación sobre as semellanzas do entroido tradicional galego e o entroido tradicional en Italia. Podedes ver o material tamén na entrada da EOI.

Visita da exposición 'Castelao maxistral'

DerradeiraO mércores 27 de febreiro de 2019 ás 18:30, na Cidade da Cultura, ven visitar a exposición Castelao maxistral co profesor Manuel Rei Romeu, que estudou a obra literaria do grande escritor.

Apúntate na listaxe na conserxería da EOI, o punto de encontro será na entrada do Museo da Cidade da Cultura.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/castelao-maxistral-boa-obra-ao-mestre-honra

Encontro con Castelao

Castelao

O xoves 28 de febreiro de 2019 ás 17:30 en San Domingos de Bonaval

Dentro do ciclo de actividades ao redor da figura do grande Castelao, imos coñecelo a través dunha montaxe en 3D e o seu famoso discurso Alba de Gloria.

Apúntate na listaxe na conserxería da EOI, o punto de encontro será na entrada do Museo do Pobo Galego.

Charla sobre a evolución estética de Castelao con Paulo Porta

Pablo PortasCharla sobre a evolución estética de Castelao con Paulo Porta, doutor en Belas Artes, autor da tese “1937, Castelao e Souto en Valencia.”

O luns 10 de decembro de 2018 de 18:30 ás 20:00 no Salón de actos.

Iceberg colaborativo contra a violencia de xénero

Xuntémonos contra a violencia de xénero! Cantos termos podemos dicir para colaborar co iceberg sobre violencia de xénero?

Escribe nas etiquetas de papel adhesivo termos relacionados coa violencia de xénero. Coloca as manifestacións visíbeis na parte superior e as manifestacións que non se ven debaixo do nivel da auga. Os que se sitúan na parte superior amosan aquel tipo de violencia máis visible, os que fican debaixo da auga refírense á violencia que non se ve, pero que igualmente existe.
Cada idioma ten unha cor determinada; haberá sete cores correspondentes aos sete idiomas da escola.

Café negro con letras

Tras a visita á biblioteca, descubriremos as obras máis negras de entre todos os fondos bibliográficos. Logo comentaremos e recomendaremos as nosas lecturas favoritas en galego mentres tomamos café. Vide!

O mércores 21 de novembro  das 16:00 ás 18:00 na biblioteca do centro.

Distribuir contido