Quen somos

Que é o EDLG?

O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) é un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por profesorado dos distintos departamentos, por alumnado e por representantes do persoal non docente.

Regulado polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, a súa función primordial é conseguir un uso normalizado da lingua galega na escola. No EDLG damos pasos a prol da promoción do galego e iso pasa por:

  • elaborar programas axustados ás nosas posibilidades pero onde todas as actividades teñan un obxectivo normalizador definido e axustado ao contexto do centro.
  • buscar a colaboración de toda a comunidade educativa e das entidades da contorna para conseguir máis calado normalizador.
  • coordinarnos cos EDLG doutros centros de ensino para xuntar esforzos, facer unha fronte común para contribuír á normalización do galego na sociedade.

Consulte a información sobre as actividades desenvolvidas polo EDLG do centro.

 

Distribuir contido