Galego

Cursos de linguaxe administrativa galega e CELGA 2024-2025

A Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG do 26 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria.

Prazo para a presentación de solicitudes: 1-12 de xullo para os cursos do primeiro cuadrimestre (adxudicación e entrega de documentación 16-19 xullo).

Prazo para a presentación de solicitudes: 11-22 de novembro para os cursos do segundo cuadrimestre (adxudicación e entrega de documentación 26-29 novembro).

Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.

Distribuir contido