Xa está de volta a nosa Gala aRi[t]mar galiza e portugal!
Coa participación de todas e todos os prmeiados: as poetas Silvia Penas e Sílvia Mota Lopes, as bandas De Ninghures e Os Quatro e Meia, e o premio especial do xurado da Embaixada da amizade galego-lusófona, que recaeu na Sociedade Cultural Deportiva do Condado.
Presentación a cargo das Fillas Bravas do grupo Chévere.
Venres / Sexta feira, 22 de novembro, ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala
Queres formar parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega? Ven a sesión para a súa constitución.
Onde? Aula 1 (Vite)
Cando? Mércores, 2 de outubro, ás 12h
Agardámoste!
Encontro coa directora de cinema Jaione Camborda.
Premio Mellor film Mestre Mateo polo filme O corno
Cuncha de Ouro Festival de Donostia
Goya a Mellor actriz revelación para Janet Novás
Luns de 13 de maio ás 19.30 h no Salón de actos
Organiza EDLG e Departamento de Galego
Encontro con Adrián Noia, autor de novelas coma A terra leve e O país dos raposos .
Mércores 8 de maio ás 16:00 na biblioteca.
Organiza o Equipo de dinamización da lingua galega.
Imos ao cinema!
O filme escollido é O Corno, de Jaione Camborda
Premio Mellor film Mestre Mateo
Cuncha de Ouro Festival de Donostia
Goya a Mellor actriz revelación para Janet Novás
Prezo: 2EUR
25 de abril ás 11.30 h na Sala Numax (Organiza o Departamento de Galego e mais o EDLG)
Concepción Arenal, 9
Santiago de Compostela
Agora que se achega o Día de Rosalía, sabes onde naceu a nosa autora máis universal? Onde viviu coa súa familia?
Mercedes Espiño Amil, autora do libro Espazos de Rosalía en Compostela guiará os nosos pasos por lugares relacionados coa escritora adolescente, moza, e adulta.
Martes 27 de febreiro ás 17:30 Praza de Vigo
As prazas son limitadas, inscríbete aquí.
Para saber máis, visita este sitio web.
Participa nun encontro con Noa Sobrino Lamas, peliqueira de Laza e filóloga, que ven de realizar uns traballos de investigación sobre as figuras tradicionais do Entroido e os estereotipos de xénero.
Mércores 7 de febreiro ás 19:30 no Salón de actos
Organiza o EDLG en colaboración co Departamento de galego
Quedamos para falarmos de libros, intercambiar ideas de pelis e debater sobre temas diversos?
Imos xuntarnos ao redor dun café na biblioteca para falarmos da actualidade, coñecernos e pasar un bo momento.
Mércores 13 de decembro ás 18:00 na biblioteca
As prazas son limitadas. Inscríbete a través deste formulario.
Aprende trucos para perder a vergonza e falar de forma improvisada e divertida!
O actor Simone Negrin dará o obradoiro en galego e os distintos grupiños utilizarán os idiomas estudados na escola.
Luns 20 de novembro ás 19:30 Aula 9
Inscríbete neste formulario.
Organiza o EDLG