Actividades

Conversa entre Kathleen March e Susana Sanches Arins

- Seique vén Kathleen March á EOI?!

- Si, e seique vén con Susana Sanches Arins!!
Queres saber máis destas dúas filólogas e da obra que as une?

O vindeiro martes 3 de outubro ás 20:00 horas no Salón de actos da EOI a escritora Susana Sanches Arins presentará na nosa escola á filologa estadounidense Kathleen March (Universidade de Maine), recentemente nomeada académica de honra pola Real Academia Galega.

Kathleen March é a tradutora da obra Seique (Através Editora) ao inglés And they say (Small Stations Press). O libro de Susana Sanches Arins obtivo o premio na V Gala do libro galego na categoría de narrativa no ano 2020, e a tradución feita pola mesma autora Dicen (De Conatus) o premio outorgado polos libreiros de Madrid como Libro do ano ao mellor libro de ficción no 2019.

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Gústache o galego? Queres participar nas actividades de cultura e lingua galega?

Contacta coa coordinadora, envía un mail a ikerdudo@eoisantiago.org

Mércores 4 de outubro às 12:00 na Aula 1

Imaxe:https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Pandeireteiras_%28Arteixo_2020%29.jpg

26 de setembro, Día Europeo das Linguas

 

 

Ven celebrar connosco a diversidade linguística no Día Europeo das Linguas

Participa e leva un premio!

26 de setembro, ás 19:30 na Sala de Actos

Visita ao Museo de Historia Natural

Ven coñecer a biodiversidade e xeodiversidade da Galiza cunha visita polo Museo de Historia Natural guiada por unha bióloga.

Inscrición previa obrigatoria neste formulario. Prazas limitadas.

O martes 9 de maio de 2023 ás 18:00 horas.

Contacto: ikerdudo@eoisantiago.org

Club de lectura en galego 'Amantes dos libros': 'A carteira' de Santiago Lopo

Non deixes de participar na próxima sesión do Club de lectura en galego!

Nesta ocasión falaremos con Santiago Lopo sobre a súa obra A carteira.

Agardámoste o vindeiro mércores 3 de maio 2023, ás 19:30 horas na biblioteca.

Concerto: Banhar-nos-emos nas ondas!

 

Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos esenciais da súa particular expresión artítistica. Na súa proposta misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martin Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño e Xela Arias.

Concerto: LaMontagne&PicoAmperio

Martes 18 de abril, 20:30 h no Riquela Club. Entrada gratuíta

Xornadas A lingua e o reino, entre Compostela e Braga

Organización e curadoría: Deputación da Coruña e Rede da GaliLusofonia

En colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

Club de lectura en galego 'Amantes dos libros': 'As malas mulleres' de Marilar Alexandre

Marilar AleixandreVen falar con nós do libro neste encontro coa autora que obtivo o Premio Nacional de Narrativa este ano! Poderás facerlle todas as preguntas que queiras!

NOVA DATA: XOVES 9 DE MARZO

O martes 7 de marzo de 2023 ás 18:00 na Biblioteca.

Xornadas A lingua e o reino, entre Compostela e Braga

Unha catedral para un reino

Ven coñecer as pegadas que a monarquía galega deixou na Catedral de Santiago: representación de Afonso VI nun dos capiteis fundacionais da cabeceira; coroación de Afonso Raimundes (futuro Afonso VII) como Rei de Galiza por parte de Xelmirez en 1111 no altar maior do templo; solemne cerimonia de consagración da basílica, tras a finalización da súa construción, en 1211 coa presenza do rei Afonso VIII; creación do Panteón Real da dinastía Borgoña onde repousan os restos de, entre outros, os reis Fernando II, Afonso VIII ou da raíña Berenguela...

Terza feira, 14 de marzo, 17:30 h, Catedral de Santiago de Compostela.

Visita guiada a cargo de Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico - conservador do Museo da Catedral.

Inscrición previa obrigatoria en i.gal/VisitasCompostela.

23 de febreiro. Día e Mes de Rosalía

Así celebramos o Día de Rosalía, 23 de febreiro, día do seu nacemento en 1837, e o seu mes enteiro:

Tapiz realizado polo Colectivo Feminista Deza- Tabeirós no que se plasma a pegada feminista de Rosalía, pioneira da súa época. Ven velo durante todo o mes na entrada da EOI e deixa a túa achega (unha nota, un deseño, uns versos, etc) no taboleiro.

Nas nosas redes sociais, dálle un like ao post de Rosalía e á páxina do perfil da EOI, repostea, etiqueta unha amiga e responde cun verso, unha imaxe ou unha canción relativa a Rosalía xunto cos cancelos #EOISantiagoDíadeRosalia #23FDíadeRosalía #FebreiroMesdeRosalía.

Sortearemos 10 paraugas coa imaxe e un verso da autora entre as persoas participantes e repartiremos autocolantes. Consulta as bases legais do sorteo.

Conferencia: A plena normalidade da lingua galego-portuguesa na Baixa Idade Media

 Xornadas A lingua e o reino, entre Compostela e Braga-Lingua de raíñas e reis

Ven coñecer o nacemento da lingua galega-portuguesa hai perto de mil anos e o seu pleno esplendor durante a Baixa Idade Media.

Conferencia a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez, estudoso e investigador da realidade galega: historia, crítica literaria e sociolingüística

Terza feira, 28 de febreiro, ás 19:30 h na Sala de Actos

 Organización e curadoría: Deputación da Coruña e Rede da GaliLusofonia.

Coa colaboración de: Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela; aRi[t]mar galiza e portugal; Escola de Letras, Ciências e Artes Humanas da Universidade do Minho e Convergências Portugal Galiza.

Consulta aquí o programa completo das Xornadas.

Distribuir contido