Actividades

Palestra: "Historia e memoria do LGBTI na Galiza"

Con Daniela Ferrández, hDaniela Ferrándezistoriadora e activista LGBTI.

Xoves 18 de marzo de 2021 ás 18:00  en Webex  https://eduxunta.webex.com/meet/kerdudo

Organiza o EDLG

Palestra virtual

Palestra: O Carvalho Calero lingüista.Sexta feira 22 de xaneiro de 2021 ás 19:00 en Webex.

"O Carvalho Calero lingüista: da sua gramática ao seu reintegracionismo", con Eduardo Maragoto, Presidente de AGAL.

Certame videopoemas de Carvalho Calero

CartelParticipa no certame  Recitando Carvalho Calero. Escolle un poema do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2020, grávao e envíao antes do 31 de marzo de 2021. Haberá premios para os 10 primeiros videopoemas! https://flipgrid.com/fd00492d

Club de lectura en galego

Club de lecturaReunión do Club de lectura do Equipo de dinamización da lingua galega e do Departamento de galego para falarmos do libro de Noa Pérez González O ocaso da familia Portela (Editorial Barbantesa), coa participación da autora.

Xoves 28 de xaneiro de 2021 das 18:00 ás 19:30 en Webex.

Apúntate! Manda un correo á coordinadora, ikerdudo@eoisantiago.org.

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Constitución do EDLGGústache a lingua galega? Queres participar nas actividades culturais como aRitmar ou o club de lectura? Manda un correo electrónico á coordinadora ikerdudo@eoisantiago.org.

Mércores 25 de novembro de 2020 de 12:00 ás 13:30 en Webex.

Club de lectura en galego

Club de lectura de galegoApúntate ao club de lectura, con esta novela negra, a viaxe está asegurada!

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira... Despois de Ollos de auga e A praia dos afogados, o famoso Leo Caldas volve coa nova obra de Domingo Villar, O último barco.

Mércores 29 de abril 2020 ás 17:00 horas na biblioteca.

Exposición Entroido - Mardi Gras

Boteiro de Viana do BoloVisita a exposición galego-francesa sobre o Entroido e o Mardi gras en distintos lugares de Galicia e de Francia. Busca as similitudes e as diferenzas! Goza do Entroido!

Todo o mes de febreiro no primeiro andar da escola

Organiza EDLG , departamentos de galego e de francés

Conversas Nortear: Emma Pedreira e Raquel Serejo Martins

O pasado mércores, gozamos dunha tarde de conversas con dúas marabillosas escritoras: a galega Emma Pedreira e a portuguesa Raquel Sereijo Martins. A actividade enmárcase nun proxecto de intercambio cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Direção Regional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, que elixiron a EOI de Santiago de Compostela para celebrar o evento.

Grazas a todos por participar!Conversas Nortear 

Conversas Nortear

Distribuir contido