Bolsas e axudas

Bolsas do Ministerio de Educación para estudos post-obrigatorios (curso 2024-2025)

Poden solicitar estas bolsas os estudantes que se vaian matricular no curso 2024/2025 en estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia.

Prazo de presentación

Do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024

Axudas para realizar un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Aviso ao alumnado nacido entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007.

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, ven de convocar axudas para realizar un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés.

Os beneficiarios asistirán a un curso organizado por empresas contratadas polo Ministerio. A axuda cubre os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento pero non o transporte ata as instalacións.

O prazo de presentacións de solicitudes remata o 21 de marzo de 2024 ás 15:00h

Prema nesta ligazón para acceder ao texto da convocatoria.                 

Programa Xuventude Mentoring

Se tes entre 18 e 30 anos e tes cursado estudos de grao/posgrao, formación profesional de  grao superior ou estudos superiores de ensinanzas de réxime especial, podes optar ao Programa Xuventude Mentoring.

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

zapatillasO Ministerio de Educación y FP convoca bolsas para participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración en xullo de 2023.

Se es alumno/a da escola este curso e obtiveches a bolsa de estudos concedida polo Ministerio de Educación y FP, podes solicitar unha destas axudas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés. Non a deixes escapar!

Máis información en https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?lang=es&id=BOE-B-2023-3172.

Deutsche duale Ausbildung in Spanien - Formación profesional dual alemana en España

Xornada de portas abertas virtual en español 19.01.2023 a las 18:00h.

Toda a información en www.feda-madrid.com e www.ewa-madrid.com.

                              

Adiántase o prazo para solicitar bolsas de estudo do Ministerio de Educación (curso 22-23)

 

Aviso importante: o prazo para solicitar bolsas de estudo do Ministerio de Educación para o vindeiro curso 2022-2023 adiántanse á primavera: do 30 de marzo ao 12 de maio.

ATENCIÓN! Prazo estendido ata as 23:59 horas do 16 de maio.

Toda a información aquí.

O alemán pódeche dar acceso ao mercado laboral!

FP dualInterésache traballar para unha empresa alemá en España?

Entón pódeche interesar esta formación dual financiada polas empresas formadoras e con bolsas mensuais garantizadas (entre 300€ e 600€).
 
As empresas formadoras teñen un gran interés en formar a persoas que teñan raíces familiares e persoais en España, para poderen integralas despois nos seus equipos de traballo con excelentes perspectivas laborais e de futuro na empresa. A inserción laboral destes modelos duais ronda o 80%.

Para máis información:
claudia.dittrich@feda-madrid.com
www.feda-madrid.com
www.ewa-madrid.com
34 917 676 062
34 696 048 510

Información sobre reintegro (devolución) bolsas ano lectivo 2020/2021

Entenderase que non se destinou a bolsa para a finalidade que lle foi concedida  e procedaráse por esta unidade ao trámite de reintegro (devolución) nos seguintes supostos:

Distribuir contido