Información sobre reintegro (devolución) bolsas ano lectivo 2020/2021

Entenderase que non se destinou a bolsa para a finalidade que lle foi concedida  e procedaráse por esta unidade ao trámite de reintegro (devolución) nos seguintes supostos:

a)       Causar baixa no centro, anular matrícula ou renunciar antes do remate do curso 2020/2021.

b)      Non ter asistido a un 80% ou máis das horas lectivas, salvo dispensa de escolarización.

c)       Non ter superado o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas, en convocatoria ordinaria nin extraordinaria

d)      Non ter superado o curso completo no curso de acceso ou do curso de preparación dos cursos de formación específicos para o acceso a formación profesional ou no caso de estudos cursados nas escolas de idiomas.

e)      No caso de estudantes que obtiveran unha bolsa para a realización do proxecto fin de estudos, non ter presentado o proxecto no prazo dun ano desde a data de resolución da concesión da bolsa.

ACLARACION:

HORA/MATERIAS/CREDITOS

CFGS,CFGM, FP BÁSCA

O cálculo será en horas (incluída a FCT)

BACH, Grado Profesional Música

O cálculo sera enmaterias (asignaturas)

Ensinanza Oficial de Idiomas

O cálculo será en curso

Título Superior, equivalente a Grao Universitario

O cálculo será en créditos

Tamén se procederá ao reintegro (devolución nos seguintes casos):

    Cobros indebidos de contías ben sexa por erro ou por outras causas.

    Ocultamento ou falsificación de datos. (incluído a icompatibilidade con outras bolsas)

ABEIRO LEGAL

  ARTIGOS 40,41,42,43,44,45 E 46 DA  RESOLUCION DA SECRETARIA DE ESTADO DE EDUCACION, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS  DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2020/2021 PARA ESTUDANTES DE NIVELES POSTOBRIGATORIOS

  ART 36 E SEGUINTES  DA  LEI 38/2003, DO 17 DE NOVEMBRO, XERAL DE SUBVENCIÓNS, E NO RD 887/2006 POLO QUE SE APROBA O SEU REGULAMENTO