20 Aniversario

#Entrevistas20AnosEOI

Matilde é a actual xefa da sección de Ordes, onde tamén é profe de inglés.  Hoxe protagoniza o primeiro #Entrevistas20AnosEOI da semana! #20AniversarioEOISantiago

#20Anos7linguas

GALEGO

E, por fin, chegamos á última das linguas ás que lles quixemos dar un recoñecemento nestes #20Anos7Idiomas. Non podía ser doutro xeito, hoxe toca falar da nosa lingua, o #galego.
 
Como sabedes, o galego ten o seu predecesor no galego-portugués, motivo polo cal o noso idioma e o dos nosos veciños lusos teñen fitos en común. Un deles é o Pacto de Irmãos. Datado entre 1173 e 1175, é o texto coñecido máis antigo escrito en galego-portugués.
 
Para atopar un documento parello en Galicia, témonos que ir ao Foro do Burgo de Castro Caldelas, que data de 1228. Nesta Idade Media, o galego tivo grande importancia no terreo da lírica. No século XIII destacaron as figuras dos trobadores Mendinho e Martín Codax.
 

Exposición 20 aniversario

 

Nos corredores do 1º e do 2º andar podes visitar a exposición que fai un percorrido, en 20 paneis, polos 20 anos de existencia do noso centro. Neles destácanse as principais novidades da organización académica que foron incorporándose ano tras ano, así como os proxectos europeos e as actividades culturais e de dinamización lingüística organizados ao longo de todo este período. A exposición permanecerá pendurada até o día 30 de xuño deste ano.

#OndeEstabamosHai20Anos

LA LIRA ITALIANA

La vecchia lira italiana può vantare una delle storie più lunghe tra le valute in circolazione prima dell'arrivo dell'euro nel 2002. #OndeEstabamosHai20Anos #20AniversarioEOISantiago
Infatti si sa che la lira veniva usata sin dai tempi di Carlo Magno. Inoltre in passato era in circolazione sia nella Serenissima Repubblica di San Marino che nello Stato della Città del Vaticano.

 

Estamos de aniversario!!

Noticia: Una Torre de Babel en ViteHai 20 anos abría as súas portas a nosa Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

Hoxe continuamos coa mesma ilusión e empeño de ofrecer unha ensinanza de idiomas pública e de calidade.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa do centro por facelo realidade. Esperamos poder celebrar a efeméride axiña!

Distribuir contido