Actividades

Concerto de Xoán Curiel

Cartel Xoan CurielBaixo o título Pobre poesía, o artista interpreta poetas de Galiza, Portugal, Italia ou Brasil como Alda Merini, Dante Maffia, Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, Rosalía de Castro, Gisneide Nunes Ervedosa, Sergio Godinho e o último traballo Treides comigo!, unha actualización de cantigas da lírica medieval galego-portuguesa dende o punto de vista do trobador contemporáneo. Código QR

Mércores 16 de marzo de 2022 ás 19:45 no Salón de actos.
https://xoancuriel.com/

Organizan os Departamentos de galego, italiano e o EDLG.

Presentación de 'Elos. Voluntariado de Intercambio Lingüístico'

Cartel ElosElos é un programa do Concello de Santiago para facilitar o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar o galego e persoas que queiran colaborar con elas.

Pola súa vez, quen aprende galego, se é o caso, pode ensinarlle outra lingua á persoa que está a axudala. Ademais podes participar de balde en actividades complementarias como visitas a museos e rutas guiadas.

Mércores 9 de marzo de 2022 de 19:30 ás 20:30 no Salón de actos.

Exposición 'Scórpio' pola deseñadora Rosa de Cabanas

Cartel exposición Rosa CabanasAs ilustracións representan os 34 personaxes que constitúen as voces narrativas da novela Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero. Este proxecto forma parte dunha edición especial da novela. pola editora Através.

No primeiro andar da escola de Vite.
 
Organizan o Departamento de galego e o EDLG.

Exposición “As cruces de pedra na Bretaña” de Castelao

Exposición Castelao en BretañaSabes que Castelao viaxou a Bretaña para debuxar as súas cruces e calvarios? Podes descubrir a súa obra nos corredores da escola nunha serie de paneis ilustrados.

Do 1 ao 21 de decembro de 2022.

Organiza o EDLG e os Departamentos de francés e de galego.

Club de lectura en galego: 'Flores de ferro' de María Rei Vilas (PREMIO GARCÍA BARROS 2020)

Cartel club de lecturaCamila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.

Mércores 12 de xaneiro de 2022 das 19:30 ás 20:30 no salón de actos (contacto ikerdudo@santiago.org).

Encontro con Isabel Risco, actriz: «Unha nova situación para un outro escenario de crise»

Isabel RiscoBravas é a súa última produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mesmas paren, amamantan, manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

Xoves 6 de maio de 2021 ás 19:30 en Webex.

Organiza o EDLG e Departamento de galego.

A lingua das árbores: Encontro con Anxo Moure

Anxo MoureNeste encontro Anxo Moure falará de cinema palleiriso, sostibilidade e cultura no rural.

Xoves 15 de abril de 2021 ás 16:30 en Webex.

Distribuir contido