Actividades

Encontro con Luís Menéndez, escritor e xornalista

Conversaremos ao redor das publicacións en galego e do seu último libro, Galleira Passport : crónicas viaxeiras do século XXI.

O xoves 11 de maio de 2017 ás 18:30 na sala de lectura.
Organiza o EDLG

Concurso de curtas CinEOI

Queres mostrar os teus talentos como actriz ou actor, cámara ou guionista? Participa no VII Concurso de curtas CinEOI 2017.

Consulta as bases aquí.

Data límite de entrega: 5 de abril 2017

Premio Literario Nortear para a mocidade

O Premio Literario Nortear ten como obxectivos distinguir, anualmente, obras literarias orixinais; promover a aparición de novos escritores, incentivando a produción de obras inéditas no dominio da ficción; incentivar a creatividade literaria entre os mozos escritores residentes na Euro Rexión Galiza - Norte de Portugal e promover a circulación e distribución de obras literarias alén fronteiras.

Galeg@s de aqui e de acolá

Ti de quen ves sendo? Profesores da escola contan a súa experiencia fóra da Galiza.

Salón de actos, martes 13 de decembro de 2016 ás 20:00h e mércores 14 ás 10:30h.

Organiza o EDLG

Día das Letras Galegas 2016

Eu son esta terra e esta auga

Manuel María naceu en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929. En 1949, escribe o poemario, Muiñeiro de brétema, a primeira das súas obras poéticas seguidas  tamén de narrativa, teatro ou ensaio. 

Nos anos 60 a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa con poemas tais como "Versos para un país de minifundios", "Versos para cantar en feiras e romaxes", "Remol", "Canciós do lusco ao fusco"… Na súa obra profusa destacan títulos como "Os soños na gaiola", "A luz resucitada" ou ensaios como "O tema da emigración na poesía galega". 

Faleceu en 2004 mais a súa palabra segue viva e resoa en cada curruncho do noso país nestas Letras Galegas dedicadas ao grande poeta chairego. 

Con motivo da celebración da nosa lingua, a EOI de Santiago homenaxea ao poeta Manuel María, ao que este ano se lle dedica a comemoración, na voz das nosas auxiliares lingüísticas, Cäcilia Plohmann (alemán), Céline Nédélec (francés), Leslie Shelton (inglés) e Eleonora Giunchi (italiano).

https://www.youtube.com/playlist?list=PLlqwm7bN7GiYfdwKLyN8ccMM5YP_1q0je

#ManuelMaría #LetrasGalegas2016   Texto: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/3.htm

Festival CinEOI 2016

Clica aquí para descargar o programa do festival que vai ter lugar o 20 de abril na EOI da Coruña. 

Obradoiro “Seguridade e pequenos arranxos” coa participación da Asociación Cívica Composcleta

Aposta pola bici como medio de transporte alternativo, ecolóxico e saudábel.

Como e cando? O mércores 13 de abril ás 17:00 no salón de actos

Organiza o EDLG

http://composcleta.blogspot.com.es/

En bici, mobilidade a debate!

Ven en bici á escola

Tes propostas para mellorar o tráfico? Coñeces experiencias de outros países? Ven compartir as túas ideas.

Onde e cando? Mércores 27 de abril ás 17:00 no Aparcadoiro

Organiza o EDLG

Exposición Fotógrafos en Compostela

Unha colección de imaxes persoais, variadas e únicas da nosa cidade, inspirada na obra de fotógrafas e fotógrafos de sona.

Realizar fotografías de Compostela usando como inspiración o estilo e a técnica de autoras e autores recoñecidos: ese foi o obxectivo dos 54 participantes desta mostra. 

Distribuir contido