Día das Letras Galegas 2016

Eu son esta terra e esta auga

Manuel María naceu en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929. En 1949, escribe o poemario, Muiñeiro de brétema, a primeira das súas obras poéticas seguidas  tamén de narrativa, teatro ou ensaio. 

Nos anos 60 a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa con poemas tais como "Versos para un país de minifundios", "Versos para cantar en feiras e romaxes", "Remol", "Canciós do lusco ao fusco"… Na súa obra profusa destacan títulos como "Os soños na gaiola", "A luz resucitada" ou ensaios como "O tema da emigración na poesía galega". 

Faleceu en 2004 mais a súa palabra segue viva e resoa en cada curruncho do noso país nestas Letras Galegas dedicadas ao grande poeta chairego. 

Con motivo da celebración da nosa lingua, a EOI de Santiago homenaxea ao poeta Manuel María, ao que este ano se lle dedica a comemoración, na voz das nosas auxiliares lingüísticas, Cäcilia Plohmann (alemán), Céline Nédélec (francés), Leslie Shelton (inglés) e Eleonora Giunchi (italiano).

https://www.youtube.com/playlist?list=PLlqwm7bN7GiYfdwKLyN8ccMM5YP_1q0je

#ManuelMaría #LetrasGalegas2016   Texto: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/3.htm